Sonora protesta do persoal público temporal da Xunta!!

O persoal público temporal da xunta de Galicia volveu protestar polos seus dereitos. Desta volta a sonora protesta convocada por CNT en forma de caravana de coches chegou ao Consello da Xunta que se celebraba este pasado xoves.

A caravana partiu do Pazo de Congresos de Compostela arrancando cunha importante pitada diante do edificio dos sindicatos institucionais UGT, CCOO e CIG. A continuación, pasouse polo Edificio Administrativo de San Lázaro onde se fixo notar a protesta antes da chegada a San Caetano.

Xa na sede da Xunta en San Caetano déronse varias voltas ao edificio Administrativo facendo sonar o cláxon e facendo varias paradas no percorrido que deixaron notar a protesta.

Para finalizar, realizouse unha concentración diante da porta principal de Presidencia onde unha importante pitada deu paso a un encendido speech onde se fixeron notar as revindicacións do colectivo de temporais da Xunta.

Call Now ButtonChámanos