Caravana de protesta do persoal público temporal da Xunta

Este xoves, 21 de abril, o persoal público temporal da Xunta rodearemos o Edificio Administrativo de San Caetano para poñer música de bucina á celebración do Consello da Xunta.

A caravana de coches partirá do Pazo de Congresos de Compostela ás 10h ven un chisco antes para ataviar o teu vehículo. De camiño a San Caetano parsaremos polo Edificio Administrativo de San Lázaro para dar unha sonora pitada aos responsables do Consorcio IeB e ver de unir máis coches á marcha.

Partiremos para San Caetano onde daremos varias voltas ao edificio Administrativo facendo sonar a bucina. Aparcaremos diante da porta de Presidencia (Rúa Otero Pedraio) sobre ás 11h para facer  unha concentración á que animamos a participar tamén a todo o persoal que se poida achegar a pé. 

Como saberás estamos nun momento crucial para determinar o noso futuro laboral, estamos agardando como se van negociar as nosas prazas e os procesos que lle afectan para estabilizarnos.

Moitas queremos que tras tantos anos traballando se nos respecte e se nos escoite para lograr unha solución máis favorable para os nosos lexítimos intereses.

Call Now ButtonChámanos