Continúan as protestas do persoal público temporal

  • Protestas na Coruña e na sede do PSOE en Compostela contra o icetazo
  • Feijóo “recibido” novamente con protestas nun acto en A Coruña

Este xoves 8 de xullo o persoal público temporal respondeu ás convocatorias de protestas organizadas na Coruña e Compostela contra o novo decreto do Ministro Iceta que pretende regular a situacion dos temporais da administración.

En Compostela a protesta realizouse diante da céntrica sede do PSOE onde por volta de unha hora as asistentes berraron consignas en contra do decreto e do Ministro Iceta e en defensa dos seus postos de traballo para rematar cun acendido mitin en contra da medida lexislativa e dos sindicatos maioritarios apoiantes.

Na Coruña a concentración prevista realizouse na Delegación do Goberno tamén nun ambiente combativo contra o Icetazo.

Posteriormente na cidade herculina a protesta trasladouse ao Real Club Náutico onde o presidente Feijóo tiña un acto, e foi de novo recibido polas traballadoras en loita do Consorcio galego de Igualdade e Benestar.

Ás protestas en Galicia uníronse distintos actos en todo o estado onde os traballadores e traballadoras públicas temporais amosaron unha vez máis a  súa oposición a esta medida urxente do Goberno que está lonxe de acadar unha solución para este problema estructural das administracións públicas.

Call Now ButtonChámanos