Marcos Luis Ortega

CNT demanda a Marcos Luis Ortega polo impago de cantidades e as vacacións non desfrutadas

  • O empresario Marcos Luis Ortega Quintana, fillo de Rosa Quintana, Conselleira do Mar, non abona as cantidades correspondentes polo traballo na súa explotación agraria
  • O traballador non gozou das vacacións correspondentes do ano 2019 e leva traballando sen apenas descansos dende que comezou a formar parte da empresa
  • Os incumprimentos reclamados non terminan nesta parte e a CNT xa contactou co empresario para que regularizara a situación do empregado

Marcos Luis Ortega Quintana debe máis de 13.000 € ao traballador soamente durante o último ano de relación laboral entre as partes. Esa cantidade corresponde a un recoñecemento incorrecto da categoría, determinando que o afiliado á CNT é axudante e non oficial, e ao impago das horas extraordinarias, que ascenden a 312 horas no cómputo anual. O traballador realiza todo tipo de tarefas de forma autónoma e sen ningún tipo de axuda dentro do recinto agrícola onde desenvolve o seu traballo.

Por outra banda, o empresario realizou unha contratación mediante pacto verbal sen dar de alta ao afiliado na Seguridade Social nin asinar ningún tipo de documento ou contrato. Por este motivo, a empresa non quere recoñecer o tempo de vacacións que aínda debe ao traballador polos días traballados nesa situación irregular.

Call Now ButtonChámanos