Eulen continúa impoñendo condicións que impiden a conciliación dos afiliados á CNT

  • Eulen Servicios impón cambios nos horarios sen apenas tempo para a organización da vida dos traballadores
  • Os cambios son impostos pola parte da empresa sen deixar ningunha opción aos afiliados á CNT
  • En moitas ocasións estes cambios supoñen a supresión do tempo de descanso correspondente aos traballadores

Eulen Servicios, na súa condición de subcontrata para a Fundación Cidade da Cultura, continúa con incumprimentos e imposicións aos traballadores afiliados á CNT. Nesta ocasión, aproveitan unha cláusula da anterior concesionaria do servizo, Ferroser, para impoñer cambios nos horarios dos traballadores que impiden a súa conciliación familiar e unha organización das súa vida cotidiá. As modificacións realízanse mediante imposicións e sempre coincidindo cos traballadores afiliados á CNT que xa presentaron reclamacións previamente por diferentes incumprimentos. Desta forma, a empresa impón un sistema de represión ante as demandas do sindicato.

As continuas imposicións de Eulen e a falta de negociación co sindicato levan á situación ao punto actual, tendo a CNT que presentar a pertinente demanda ante o Servizo de Arbitraxe, Mediación e Conciliación de Santiago de Compostela. Isto supón unha nova confrontación do sindicato fronte a empresas que consideran aos seus traballadores mera mercancía sen ningún tipo de interese polas vidas destes máis aló do seu ámbito laboral.

Call Now ButtonChámanos