Concentración en Becerreá polo futuro do GES

  • Convócase un acto de protesta no Concello de Becerreá este 9 de decembro ás 12h 
  • A CNT acude novamente á comisión de negociación do ERE para defender os postos dos 11 traballadores
  • A  asemblea da Sección Sindical da CNT no Concello de Becerreá  desconvoca a folga prevista a partir do 9 de decembro

Coincidindo coa celebración da próxima reunión da comisión de negociación, o día 9 de decembro, ás 12:00, convócase un novo acto de protesta no Concello de Becerreá, tal como se fixo na anterior reunión da comisión de negociación o pasado 2 de decembro. Ao acto agárdase que acudan a defender as reclamacións do persoal do GES de Becerreá outros compañeiros do sector como a veciñanza de Becerreá e o resto dos Concellos limítrofes, que quedarán sen servizo de emerxencias coa desaparición deste GES.

asemblea da Sección Sindical da CNT no Concello de Becerreá acordou desconvocar a folga que se convocara a partir do día 9 de decembro en todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras do grupo de emerxencias do Concello de Becerreá en protesta polo ERE extintivo presentado polo Concello. 

As protestas teñen a súa orixe no Expediente de Regulación de emprego comunicado polo Concello aos traballadores do GES o 22 de novembro de 2021 e no que se prantexa o despedimento dos 11 traballadores que integran o servizo a partir do 31 de decembro.

Call Now ButtonChámanos