Reclamación de cantidades da CNT fronte a Ok The Way Estate S.L.

  • A CNT presenta unha reclamación de cantidades e categoría fronte á empresa do sector turístico Ok The Way Estate S.L.
  • A empresa incumpre a maior parte dos artigos do Convenio Colectivo de aplicación
  • A débeda da empresa supera os 15.000 €

A empresa adicada ao aluguer temporal de pisos turísticos explota ao seu persoal esixíndolles traballar durante todos os días do ano. Deste xeito, ademais de non poder contar co descanso semanal establecido por lei, os traballadores e traballadoras de Ok The Way Estate S.L. non poden tampouco gozar dos correspondentes períodos de vacacións ao longo do ano. Os fins de semana traballados tampouco son compensados en descanso como recolle o Convenio Colectivo de aplicación. Deste xeito, a empresa dispón do seu persoal as 24 horas do día durante os 7 días da semana.

Ademais dos descanso, a empresa non abona os conceptos relativos ao plus de festivos, horas extraordinarias, complemento de responsabilidade, nóminas atrasadas e, incluso, algúns gastos abonados cos medios propios dos traballadores e traballadoras. A empresa obtén deste xeito plusvalías do traballo así como dos medios económicos propios do seu persoal. Unha situación que se ve empeorada co trato e organización levada a cabo polos empresarios.

Por último, as reclamacións realizadas pola CNT non rematan aquí e solicítase tamén o recoñecemento de categoría correspondente ás funcións desenvolvidas. Así, para continuar abonando menos do que lle corresponde á empresa, é habitual atopar contratos realizados cunha categoría inferior ao correspondente segundo as funcións e responsabilidades levadas a cabo polos traballadores e traballadoras.

Call Now ButtonChámanos