A Xunta busca rematar co persoal do Consorcio

  • De forma contraria aos Estatutos do organismo, a Xunta pretende realizar unha asemblea express para modificar os Estatutos
  • Os representantes públicos tratan de desfacerse do persoal que levantou dito organismo e mostrou unha tremenda eficacia fronte á situación de Emerxencia Sanitaria acontecida fai uns meses

Este 25 de novembro, contradecindo os seus propios estatutos, a Xunta busca realizar unha modificación destes para eliminar dunha vez por todas a todos os traballadores e traballadoras temporais do Consorcio. A Asemblea Xeral pretende adaptar o réxime xurídico do persoal á Lei 16/2010, de 17 de decembro de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA), para quitar as competencias municipais da xestión do organismo público. Con esta xogada, a Xunta elimina a miles de traballadores e traballadoras do ámbito dos concellos para que pasen a depender exclusivamente da Dirección Xeral de Función Pública da Xunta de Galicia.

Esta modificación pretende eliminar postos de traballo que levan case 15 anos ocupados por persoal contratado en fraude de lei. Deste xeito, na actualidade, centenares desas traballadoras e traballadores atópanse denunciando a súa situación de temporaridade e precariedade laboral dos seus empregos. Parece que a Xunta non ve con bos ollos as posibles sentenzas favorables de fixeza para o persoal temporal e quere eliminar esta posiblidade pola porta de atrás, decidíndose a dar ás costas as persoas que forman parte do equipo do Consorcio para buscar o rédito electoral do presidente e os conselleiros do parlamento galego realizando unha promesa de oferta de emprego público lesiva para os dereitos de todo o persoal do Consorcio.

Ademais das sentenzas favorables e as actuais demandas en curso contra o fraude de lei na contratación, estes días estanse a tramitar no Congreso dos Deputados as proposicións de Lei nº 161/1290 do 26 de agosto de 2020, presentada por el Grupo Socialista e a proposición de Lei nº 122/094 de 30 de outubro de 2020, presentada polo Grupo Parlamentario Plural, sobre a modificación do RDL 5/2015 polo que se aproba o texto refundido de la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, instando ao Goberno a uns cambios lexislativos orientados a regularizar a situación de 1.000.000 de temporais, que vai regular a figura do persoal interino ou temporal nas AAPP, así como as sancións ante o abuso de temporalidade que cometan os xestores públicos polo uso indebido de dita figura.

Por todos estes motivos, a CNT considera unha total irresponsabilidade e falta de respeto está nova maniobra que está a punto de realizar a Xunta contra as traballadoras e os traballadores públicos da Galiza. Un novo golpe contra os servizos públicos que levan sendo esquilmados pola administración durante as últimas décadas. Da mesma forma que sucedeu coa educación ou a sanidade, este novo intento de cercenar os dereitos da clase traballadora non terá só influencia sobre o propio persoal, senon en todas as persoas que residen na Galiza.

Call Now ButtonChámanos