[Video] Ruidosa protesta do persoal temporal da Xunta

Este xoves 15 tivo lugar unha cazolada ás portas de San Caetano convocada pola CNT en protesta pola situación do persoal público temporal da Xunta de Galicia.

Con berros como “Barreiro dimisión”, “As que estamos quedamos” ou “Rueda e Barreiro acabaredes en Teixeiro” entre outros, as ruidosas asistentes chamaron a atención sobre o desastroso proceso de estabilización posto en marcha desde a Dirección Xeral da Función Pública comandada polo Sr. Barreiro.

Especialmente preocupante é a situación de centos de traballadores e traballadoras da Xunta que están destinadas ao despido ao non incluír Función Pública todas as prazas que están afectadas pola Lei 20/21 que regula estos procesos. Son xa moitas as alegacións e os intentos feitos nos últimos meses para tentar corrixir esta situación sen que nin Función Pública nin os sindicatos colaboracionistas se dignen a atendelas deixando na indefensión absoluta ao persoal temporal afectado.

Así, o Sr. Barreiro non estabiliza as prazas que debe e tampouco aproveita a oportunidade da lei de medidas urxentes que permitia aumentar as prazas. Tampouco ten trazas de extender o 10% das xa convocadas como lle permite a lei 20/21. En definitiva, moito persoal público destinado ao despedimento en pago dos moitos anos de servizo realizados en situación de fraude e abuso.

Por se isto non fose suficiente, tampouco está nada claro o propio proceso de estabilización, (o calendario semellla feito a impulsos do sr. Barreiro) e menos aínda de como se vai a executar a estabilización unha vez se rematen os procesos….. por non falar dos “groseiros” erros nos datos do expediente das persoas que fan parte destes procesos…. en fin, un cúmulo de despropósitos máis ou menos “bienintencionados” por parte de Función Pública.

Seguiremos protestando en defensa dos dereitos do persoal temporal. Seguiremos berrando “as que estamos quedamos”.

Call Now ButtonChámanos