O persoal do SPIF denuncia o incumprimento da Xunta en materia de PRL

A situación é alarmante en canto ao alcance e variedade dos incumprimentos da Xunta de Galicia, e fálase dunhas condicións moi precarias en canto á prevención de riscos.

A Sección Sindical da CNT no SPIF mantivo unha reunión coa Xefatura Provincial da Coruña de Seguridade e Saúde Laboral para tratar a abordaxe dos incumprimentos nesta maneira por parte da Xunta de Galicia.

Nesta reunión a sección sindical prantexou a pouca seriedade con que a Xunta se toma a seguridade laboral do seu persoal, incidindo en varios bloques. Por un lado, a falta de avaliación de riscos psicosociais, a falta de avaliación das bases e dos centros de traballo das brigadas e a exclusión das funcións propias de incendios da avaliación de riscos xeral.

Por outra banda, tamén se incidiu nas lamentables condicións de habitalidade das bases das brigadas, que carecen de medios básicos como calefacción, duchas e baños separados por sexos, e tamén no feito de que desde Medio Rural nin sequera se procede á súa limpeza. Incidiuse tamén nas condicións de salubridade destas bases, xa que os produtos químicos almacénanse sen control.

Así mesmo, abordouse a falta de EPIs completos, incidiuse en que non existe trabazabilidade dos mesmos, e que a Xunta non realiza nin sequera a limpeza e desinfección dos traxes de intervención, que corre a cargo do persoal nin limpan os filtros dos vehículos.

Finalmente, prantexouse o perido ao que Medio Rural somete ao persoal cando despraza as brigadas a realizar intervencións a centos de quilómetros e, ao remate das mesmas, obriga ao persoal que as levou a cabo a realizar conducións moi longas para a volta a base, o que supón un perigo evidente para a vida do persoal.

A Inspección de Traballo comprometeuse a atender as denuncias que presente a CNT e a facilitar medios suficientes para levar a cabo a comprobación efectiva de todos os incumprimentos denunciados, acordando tratar a cuestión en conxunto e de maneira coordinada para garantir a seguridade e a saúde laboral do persoal do SPIF.

A sección sindical da CNT denunciará esta situación en todos os distritos e bases do servizo. Polo momento, comezouse prantexando a cuestión na ITSS da Coruña, pero as reunións seguirán co resto de xefaturas provinciais. A intención da CNT é reverter o abandono ao que o persoal do SPIF se viu abocado nos últimos anos, tanto pola Xunta como por parte dos sindicatos da Mesa Xeral, e acometer melloras en todos os aspectos do servizo.

Call Now ButtonChámanos