Participa na cazolada na porta principal de San Caetano o xoves 15 ás 11:30h

As e os empregados públicos temporais da Xunta de Galicia protestaremos o vindeiro xoves 15 de febreiro diante da porta principal do edificio administrativo de San Caetano en Compostela.

Nestos momentos de incertidume cos procesos de estabilización en marcha son moitas xa as irregularidades, agravios e abusos que levamos sufrido, estamos fartas e cremos que sobran os motivos que nos levan a realizar esta protesta.

Está máis que demostrado que faltan prazas de todas as categorías a estabilizar. Estas prazas que non saen nas relacións de postos publicadas oficialmente por Función Publica terán a consecuencia de provocar despidos de centos dos nosos compañeiros e compañeiras. Por que Función pública non saca estas plazas? por qué non se empregan os distintos mecanismos legais que ten a Xunta para aumentar as prazas?, por qué se ignoran os centos de alegacións presentadas durante os últimos meses a este respecto?

Por se isto non fose suficiente, tampouco está nada claro o propio proceso de estabilización, (o calendario semellla feito a impulsos do señor Barreiro) e menos aínda de como se vai a executar a estabilización unha vez se rematen os procesos….. por non falar dos “groseiros” erros nos datos do expediente das persoas que fan parte destes procesos…. en fin, un cúmulo de despropósitos máis ou menos “bienintencionados” por parte de Función Pública.

Por non falar do escándalo da carreira profesional que continúa impagada a miles de traballadores e traballadoras temporais da Xunta.

Con esta situación, só nos queda visibilizar o noso malestar diante de Función Pública, o xoves 15 trae a túa cazola e fai o esforzo de protestar… que é por ti!!

Call Now ButtonChámanos