TODO O QUE NECESITAS SABER SOBRE O CORONAVIRUS NO TEU TRABALLO

  • Dende CNT Galiza recopilamos as dúbidas e consultas máis frecuentes que estamos recibindo ao respecto da afección do coronavirus nos centro de traballo.
  • Os nosos servizos xurídicos encóntranse traballando a pleno rendemento para asesorar e resolver todos os casos que nos están chegando, insistindo en que afiliarse ao sindicato é a mellor garantía para obter todo o asesoramento e a protección necesaria nos nosos postos de traballo ante a situación de incerteza que se está vivindo.

Actualizado ás 16.24 h do 31 de Marzo de 2020. En constante actualización…

Que traballadores/as poden desfrutar do permiso retribudio recuperable?

É un permiso retribuido recuperable de carácter obrigatorio para TODAS as persoas traballadoras dende o día 30 de Marzo ata o 9 de Abril do 2020 -ambos inclusive-. Non será de aplicación ás persoas traballadoras que se atopan incluidas nun ERTE de suspensión, nin tampouco para as empresas que xa optaran por un mecanismo de distribución irregular da xornada como consecuencia do COVID-19. Nos ERTEs que supoñan redución de xornada, poderase aplicar para a xornada restante sobre a que non se impuxera a redución. Durante o permiso retribuido deberase percibir a retribución á que se ten dereito con carácter ordinario, incluindo o salario base e os complementos salariais. Á marxe dos días festivos, son un total de 8 días hábiles.

Como sei se a actividade da miña empresa se considera un servizo esencial e teño a obriga de acudir ao traballo?

Desde os servizos xurídicos de CNT Galiza elaboramos un FORMULARIO de escrito para que a afiliación poda comunicar á empresa o disfrute do permiso retribuido recuperable. É moi importante que sempre se consulte co sindicato antes de tomar ningunha decisión, coa finalidade de evitar sancións ou despedimentos disciplinarios.

Poden despedirme estes días pola causa de forza maior ou causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción relacionadas coa causa de forza maior?

O novo Real Decreto-lei 9/2020, do 27 de Marzo, indica que estas causas non poderán entenderse como xustificativas para a extinción do contrato de traballo nin do despedimento. Se se produce o despedimento, este deberá ser considerado improcedente.

Que fago se me aplican un ERTE ou suspensión temporal pola forza maior na miña empresa?

Nestes casos non se produce un despido nin extinción definitiva do contrato de traballo, senón unha suspensión temporal ata que desaparece a causa da forza maior que debe constatar a Autoridade Laboral. Neste suposto, o traballador ou traballadora encóntrase nunha situación legal de desemprego e pode solicitar a prestación por desemprego (“o paro”). Cando finalice a causa de forza maior, a empresa debe reiniciar a actividade no teu mesmo posto de traballo respectando as túas condicións laborais previas á suspensión. Non obstante, o recomendable ante calquera escrito que te entregue a empresa é firmalo con “Non conforme” e a data real de entrega. Se se producen modificacións ou despedimentos posteriores, te recomendamos contactar co sindicato para estudar a súa impugnación.

Canto pode durar un ERTE na miña empresa?

A duración dos ERTEs por forza maior non poderá exceder da duración do Estado de Alarma e as súas prórrogas. Esta duración aplicarase a todos os ERTEs por forza maior, con independencia do que solicitara a empresa e se a autorización da Autoridade Laboral foi expresada ou mediante silencio administrativo.

Que sucede no caso de que o ERTE da miña empresa non sexa executado de acordo coa lexislación?

En caso de recoñecemento dunha prestación para a persoa traballadora e un incumprimento pola parte da empresa, a Administración revisará de oficio a concesión de dicha prestación. En caso de incumprimento, a empresa deberá ingresar á entidade xestora as cantidades percibidas por el traballador ou traballadora, deduciéndolas dos salarios deixados de percibir por esta.

Se estou afectado por unha suspensión temporal, como solicito o desemprego?

Mediante o Real Decreto-lei 8/2020, o Goberno autorizou para que o tempo no que se perciban as prestacións por desemprego non compute aos efectos de consumir os períodos máximos de percepción establecidos. Igualmente, autorizouse a que reciban prestacións por desemprego aqueles traballadores e traballadoras que carezan dos períodos de cotización necesarios para ter dereito a elas. Ademais, reforzouse a solicitude via telemática, o cal recomendamos mediante certificado dixital ou cl@ve, aínda que o SEPE informou que non é necesario facer ningunha xestión administrativa porque a alta e a solicitude da prestación realízase de forma automática. Se queres asegurarte do estado do teu expediente, podes chamar ao 012.

No Real Decreto-lei 9/2020 apróbanse varias medidas adicionais para axilizar a tramitación e o abono das prestacións. Neste caso, serán as empresas as que deban aportar unha solicitude colectiva segundo o modelo proporcionado pola Administración ante a entidade xestora da prestación por desemprego.

A lexislación indica tamén que esta comunicación pola parte da empresa deberá remitirse no prazo de 5 días desde a solicitude do ERTE ou desde a data na que a empresa notifique esta decisión á autoridade laboral competente. Se o ERTE é anterior, os 5 días comezan a contabilizarse dende o día da entrada en vigor do Real Decreto-lei 9/2020 (28 de Marzo).

A causa e a data de efectos da situación legal de desemprego deberán figurar no certificado de empresa. Este documento será considerado documento válido para a súa acreditación, por isto, dende o sindicato recomendamos poñer especial atención á documentación entregada pola empresa e comprobar que se cumpran os motivos recollidos na lexislación. En todo caso, sempre é recomendable consultar co propio sindicato.

Desde cando se recoñece o meu dereito a percibir prestación por desemprego?

A efectos legais, a situación de desemprego por razóns de causa maior comezará na data que comeza o feito para a xustificación da causa maior.

Nos casos de Expedientes de Regulación de Emprego Temporais (ERTEs), a data deberá ser sempre o mesmo día ou posterior ao momento no que a empresa comunicou a decisión a autoridade laboral.

En todo caso, insistimos, a causa e a data de efectos da situación legal de desemprego deberán figurar no certificado de empresa. Este documento será considerado documento válido para a súa acreditación, por isto, dende o sindicato recomendamos poñer especial atención á documentación entregada pola empresa e comprobar que se cumpran os motivos recollidos na lexislación.

Que pasa se teño un contrato temporal?

Segundo o novo Real Decreto-lei, os traballadores e traballadoras que teñan unha relación laboral coa empresa de carácter temporal, incluídos os contratos formativos, de relevo e interinidade, non poderán ver interrompida a súa relación laboral polo motivo do COVID-19. Desta forma, o tempo que dure o Estado de Alarma non computará nos prazos indicados polo contrato temporal. Un contrato de duración determinada, terá que comezar a contabilizar os días pendentes para a finalización do contrato dende o día que termine o Estado de Alarma descontando os días traballados con anterioridade ao mesmo.

Podo modificar o meu horario ou reducir a miña xoranda para coidar dos meus fillos/as sen colexio ou familiares durante o COVID19?

O RD 8/2020 permite que as persoas traballadoras por conta allea que acrediten deberes de coidado respecto do cónxuxe ou parella de feito e familiares de hasta segundo grado de consanguinidade, poidan adaptar a súa xornada e/ou reducir a mesma, incluso ata o 100% da xornada. Unha das razóns pode ser o peche dos centros educativos ou de calquera outra natureza. CNT pon a disposición da afiliación un formulario exclusivo para que o poidas presentar á empresa, e o asesoramento necesario para que no caso de que o rexeiten teñas a posibilidade de reclamar os danos e perxuizos ocasionados.

Que cobrarei se estou de baixa polo coronavirus?

No caso de que sufras un confinamento ditado polos servizos de saúde polo posible risco de contaxio, ou teñas o propio virus COVID-19, a baixa médica asimílase á dun accidente de traballo, percibindo o 75% do teu salario dende o primeiro día. Hai dúbidas na interpretación xurídica sobre se tes dereito a percibir o complemento ata o 100% no caso de que se reflicta no teu convenio colectivo de aplicación.

Como tramito a baixa se non podo saír da casa?

O primordial neste caso é a túa saúde e a do teu entorno, por iso a normativa prevé que o escrito de baixa se poida emitir con posterioridade, para evitar o colapso dos centros de asistencia e novos contaxios. Como o afectado ou afectada non estará en disposición de acudir a recoller a documentación da baixa, deberá chamar ao número habilitado en cada Comunidade Autónoma. Os médicos de Medicina Preventiva e Saúde Pública, tras a visita dos médicos de urxencia a domicilio aos traballadores en illamento preventivo, deberán comunicar polo correo electrónico aos facultativos de Atención Preventiva e á Inspección de Servizos Sanitarios de cada comunidade que traballadores poden recibir a prestación.

Teño fillos/as que non poden ir á escola por encontrarse pechada, e teño que facerme cargo deles sen poder acudir ao traballo…

O Goberno acaba de informar que mediante Real Decreto permitirá que os traballadores e traballadoras soliciten -con carácter de urxencia- a adaptación e reducción de xornada por conciliación familiar, para o coidado dos fillos e fillas, incluso nun 100% da xornada. Os sindicatos estamos presionando ao goberno para que implemente algún tipo de medida neste sentido canto antes. Estamos á espera da publicación das medidas lexislativas no BOE para estudar o seu alcance e aplicabilidade nas empresas. No caso de que se produciran sancións ou incluso o despido disciplinario por exercer o dereito á conciliación familiar, recomendámosche que contactes canto antes co sindicato e estudaremos as posibles vías xurídicas para a súa posterior impugnación.

Podo quedarme en casa e non acudir ao traballo por precaución?

A día de hoxe non podes tomar esa decisión de forma unilateral, aínda que isto non é motivo para que o empresario non estea obrigado a velar pola protección da saúde dos seus traballadores no centro de traballo. Non se recomenda negarse a acudir porque podería ser considerado un acto de desobediencia que podería derivar en consecuencias disciplinarias. Aínda que a lei permite negarse a traballar cando exista un risco grave e inminente na empresa, deberíase interpretar con sumo cuidado, especialmente se a empresa garánteche a protección da saúde co cumprimento dos protocolos específicos e proporcionando os equipos de protección adecuados.

E se é a empresa a que me obriga a quedar na casa?

Se é o caso, o mellor é solicitalo por escrito. Sempre tes que estar en posesión dunha comunicación empresarial coa orde. Se abandonas o teu posto de traballo sen permiso da empresa ou sen causa xustificada, poderíase considerar unha falta disciplinaria. A empresa deberíache aboar eses días de salario, sen poder obrigarte a “recuperalos” nun futuro.

E se me obrigan a viaxar?

A empresa pode continuar obrigando a viaxar aos traballadores e traballadoras que así o viñesen facendo con anterioridade por contrato. O que non pode é obrigarte a viaxar a zonas que foron declaradas como de alto risco ou nas que se decretou unha prohibición de entrada. Se a orde da empresa atenta contra a túa vida e integridade física, poderíaste negar, argumentándoo por escrito e con acuse de recibo por se a empresa decide interpoñer posterior sanción ou despedimento. Deberase estudar a viabilidade xurídica de cada caso concreto.

Pode a empresa obrigarme a facer teletraballo?

A empresa pode impoñelo nos casos nos que as tarefas a realizar así o permitan. En todo caso, a empresa non pode retirar pluses como o de transporte ou similares segundo a opinión dos nosos servizos xurídicos. Debido á excepcionalidade da situación é necesario estar atentos e atentas aos próximos días polo que poida lexislar o goberno e facer un estudio técnico no caso de que se producise. A empresa non pode en ningún caso descontar cantidade algunha do soldo pola falta de servizos técnicos ou ferramentas de traballo no noso domicilio, xa que é responsabilidade da empresa a resolución deste tipo de incidencias e proporcionalos. Antes de proceder a realizar unha suspensión ou redución da actividade, estas son medidas prioritarias que se deben implementar.

Pode a empresa obrigarme a desfrutar das miñas vacacións durante este período?

A empresa non pode en ningún caso obrigar aos traballadores e traballadoras a utilizar os días de vacacións polo peche do centro de traballo. Estes días de vacacións xa estaban pactados con anterioridade e non son modificables por este tipo de circunstancias. Outra cuestión ben diferente é que se alcance un pacto de mutuo acordo, porque ao traballador ou traballadora lle interese para evitar outras medidas de maior calado.

Pódenme tomar a temperatura corporal no traballo?

Poderíase levar a cabo esta medida excepcional polas empresas para asegurar a protección da saúde do resto dos traballadores, pero sempre mantendo o anonimato e privacidade.

A empresa despediume, sancionoume ou modificou as miñas condicións de traballo e quero demandar xudicialmente os meus dereitos…

Non te preocupes polos prazos porque mediante o Real Decreto de declaración do Estado de Alarma suspendéronse os prazos procesais para os procedementos xudiciais, a excepción dos conflitos colectivos e dos de tutela de dereitos fundamentais. É dicir, que o prazo de 20 días hábiles solo empezará a contar dende que finalice o Estado de Alarma. Por isto, se te atopas nesta situación, recomendámosche que contactes co sindicato para enviar a documentación sen preocuparte polos prazos para demandar á empresa.

Engadimos tamén a corrección do CGPJ ao decreto de alarma onde apunta casos nos que non que non se suspenden os prazos:

10. En el orden jurisdiccional social, la celebración de juicios declarados urgentes por la ley y las medidas cautelares urgentes y preferentes, así como los procesos de EREs y ERTEs.

11. En general, los procesos en los que se alegue vulneración de derechos fundamentales y que sean urgentes y preferentes (es decir, aquellos cuyo aplazamiento impediría o haría muy gravosa la tutela judicial reclamada).

Polo tanto, ante o acordo do CGPJ de 14 de marzo, todos os procedementos urxentes e nos que se alegue vulneración de dereitos fundamentais manteñen o prazo. Na medida en que a maioría dos procedementos son urxentes (Modificación de condicións, ertes, conciliación, etc.) e os que non o son poden ter alegacións de dereitos fundamentais, a suspensión de prazos non está asegurada e é recomendable ver caso por caso.

Asesoría Sindical e Xurídica
Federación Rexional de Galiza
Confederación Nacional do Traballo (CNT)

Call Now ButtonChámanos