A CNT insta a estender a nova lexislación para todo o persoal público temporal

Desde a CNT recomendamos ao persoal público temporal solicitar a exclusión das súas prazas se estas xa foran convocadas nalgún proceso de estabilización ou consolidación para que lles sexa de aplicación a regulación estatal recollida no BOE de 28 de decembro de 2021.

Fundamentamos a reclamación baseándonos en que a nova lei esixe que as prazas anteriores a 2016 ou 2019, segundo o caso, sexan convocadas en procesos extraordinarios de consolidación, o que pode chocar, en opinión do sindicato, coa continuación dos procesos de estabilización e consolidación en marcha. Desta maneira entendemos que as prazas que deben incluírse nos procesos extraordinarios deben excluírse dos procesos selectivos nos que estean convocadas a día de hoxe.

Así, recomendamos que reclame todo aquel persoal temporal que teña convocado un proceso de estabilización ou consolidación que corresponda co seu corpo e categoría, independentemente de que se incluíra ou comunicara explicitamente o código de praza.

Este proceso de reclamacións foi iniciado pola nosa afiliación con esta casuística empregando un modelo de reclamación elaborado polo sindicato a tal efecto, agardándose que este mes de marzo queden presentadas estas reclamacións nas distintas administracións. 

Con esta iniciativa continúa a defensa de todo o persoal público temporal co obxectivo de non deixar compañeiros e compañeiras atrás no camiño da fixeza.

Call Now ButtonChámanos