Nova victoria sindical para a CNT en Teiga TMI

  • A maioría de convenios colectivos inclúen subidas anuais e é moi habitual que as empresas non o respecten.

Grazas a denuncia da CNT, a empresa TEIGA TMI deberá pagar ó noso compañeiro a débeda contraída en concepto de atrasos de convenio e os correspondentes intereses xerados.


Segundo informou o sindicato, o traballador empezou a ver como se lle retallaba o seu salario ao non ser actualizado segundo o pactado no convenio colectivo.

Dende a CNT destacamos que a maioría de convenios colectivos inclúen subidas anuais e é moi habitual que as empresas non o respecten.


Animamos a outros traballadores e traballadoras a informarse dos seus dereitos e a unirse ao sindicato para defender a súas condicións laborais.

Call Now ButtonChámanos