Nova sentenza da CNT no recoñecemento do dereito de consolidación

  • Novamente a Xunta vese na obriga de retirar unha praza da OPE.
  • Recoñecido tramo 1 de consolidación a traballadora de Política Social.

CNT vén de obter unha nova sentenza xudicial en favor do recoñecemento do dereito de consolidación dunha traballadora da Consellería de Política social.

Na sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñecese o dereito á consolidación de tramo 1 polo feito de ter unha antigüidade anterior a 1-7-1997 e obrígase á Xunta á retirada da praza da oferta de emprego público onde constaba publicada.

Esta nova sentenza súmase ás xa moitas existentes relativas ao proceso de consolidación que recoñecen dereito de reserva de praza para este proceso a numeroso persoal que non pode ser cesado doutro xeito que non sexa coa aplicación de dito proceso de consolidación.

O proceso de Consolidación está recollido no Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia e regulado no Acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da Administración da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2008 está dirixido ao persoal laboral temporal (por obra) e indefinido con antigüidade anterior a 1-1-2005. Está dividido en 2 tramos:

Tramo 1: antigüidade anterior ao 1-7-1998. O proceso consistirá en un concurso de méritos. O persoal atópase na actualidade equiparado a persoal fixo de convenio. Non existe convocatoria.
Tramo 2: antigüidade entre 1-7-1998 e 1-1-2005. O proceso consiste en un concurso-oposición aberto. Foi convocado na OPE 2017 (DOG 12-12-17).

Desde a CNT indícase ao persoal afectado que de non ter “explicitamente” reservada a praza para a consolidación NON ten recoñecido o dereito e debería reclamar individualmente no xulgado a inclusión no proceso de Consolidación ante os incumprimentos reiterados da Xunta de Galicia.

Información sobre: os procesos e dereitos do persoal público temporal

Reclamacións de fixeza para o persoal temporal

Call Now ButtonChámanos