O Concello de Castro Caldelas condenado por non respetar a xornada laboral do GES

  • A CNT gaña de novo un conflito ao Concello de Castro Caldelas
  • Nesta ocasión, o conflito colectivo tiña como obxetivo demostrar as irregularidades en materia de xornada laboral levadas a cabo polo Concello e os delegados de persoal de UGT
  • Esta nova victoria únese ás anteriores sentenzas de fixeza, cantidades e prevención de riscos laborais

Tras a demanda da CNT, a sentenza condena “ao Concello a elaborar uns cuadrantes acordes coa xornada máxima legalemente establecida de 1665 horas”. Os traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de Castro Caldelas disporán a partir de hoxe dunha xornada laboral de 175 horas anuais inferior á que viñan desenvolvendo. O Concello obrigaba ao persoal público a realizar até 1840 horas contravindo deste xeito a lexislación do Estado español ao respecto dos traballadoras e traballadores públicos.

O Concello pretendía que o GES tivese que recuperar as horas deixadas de traballar durante a emerxencia sanitaria segundo o cuadrante horario anual. Debido a necesidade de manter a seguridade dos traballadores e traballadoras do GES, o número de efectivos durante a emerxencia viuse reducido en cada quenda, polo que todos eles reduciron a súa xornada anual. A través dun pacto con UGT, o Concello pretendía que se recuperasen estas horas cando en cómputo anual o persoal do GES xa realizaba unha xornada moi superior á máxima anual que permite a lei.

Fronte a táctica do Concello para tratar de conseguir a inadmisión do procedemento, o Gabinete Xurídico do sindicato presentou un conflito colectivo que o Xulgado do Social nº3 de Ourense considerou de todos xeitos adecuado para terminar dando a razón á Sección Sindical. Conseguiuse así unha nova victoria xudicial que, unida ás anteriores victorias sindicais e xudiciais, deixa máis en evidencia as prácticas caciquiles dun Concello galego que utiliza ao persoal para os seus propios intereses e non para ofrecer a todos os habitantes do entorno uns servizos públicos eficientes e de calidade.

Dende o sindicato e a sección sindical constituida no Concello de Castro Caldelas sabemos que as reclamacións non terminan aquí. Seguiremos traballando para que a clase traballadora deste e outros Concellos obteñan as melloras das condicións materiais de vida que lles corresponden.

Call Now ButtonChámanos