O restaurante Auga e Sal non abona as cantidades adebedadas

  • O restaurante Auga e Sal, propiedade do fillo de Alberto Ruiz-Gallardón, adebeda cantidades aos seus empregados
  • A CNT demanda ao propietario do restaurante polo impago de horas extraordinarias e diferenzas na categoría
  • O empresario utilizaba ao empregado para tarefas persoales como acudir a realizar a compra do seu fogar

O soposto éxito do restaurante Auga e Sal, sito en Santiago de Compostela e rexentado por Alberto Ruiz-Gallardón, fillo do ex-ministro do Partido Popular, tiña unha sólida base na explotación laboral dos seus empregados. Deste xeito, a CNT inicia un procedemento xudicial fronte ao empresario polo impago das cantidades acordadas na nómina, as horas extraordinarias e diferenzas salariais con respecto á categoría do traballador. O traballador recibía unha cantidade diferente á indicada na nómina e un salario inferior ao indicado segundo o Convenio Colectivo de Hostalería da provincia da Coruña.

Ademáis destes incumprimentos, o empresario non abonou a parte correspondente ás vacacións non desfrutadas polo traballador. Aproveitando o momento de incertidumbe xerado pola Emerxencia Sanitaria, o propietario do restaurante non da a cara e trataba de non abonar unha cantidade superior aos 3500 euros por distintos conceptos salariais e extra salariais.

O exemplo de éxito para os periódicos da Galiza e as asociacións de hostalería da localidade non tiña máis misterio que a explotación laboral cotidiana á que se ven sometidos os traballadores e traballadoras do sector dende fai anos. Os segredos para conseguir un negocio frutífero consisten a miúdo en que a clase traballadora pague cos seus salarios e as súas horas de traballo as ideas dos empresarios. Neste caso, o traballador chegaba incluso a realizar a compra no mercado compostelán para o restaurante e para o fogar do propio empresario.

Call Now ButtonChámanos