Sexta xornada da folga no Consorcio IeB

  • Nova demostración de forza do persoal do Consorcio IeB, mantendo a participación na folga e participando da cazolada no Parlamento de Galicia
  • A CNT anuncia mobilizacións descentralizadas para o martes 25 coincidindo co seguinte día de folga
  • Recente sentenza declara fixa unha traballadora dunha Escola Infantil do Consorcio IeB que accedera ao seu posto a través dunha lista de agarda para persoal temporal fai qeu se acentúen as críticas á Xerencia do Consorcio IeB por non negociar 

Este martes 11 de maio de 2021 continúa a FOLGA convocada pola CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar con un novo paro de 24h, o sexto no que vai de ano ao que está convocado o persoal en fraude e abuso de temporalidade que é maioritario no Consorcio IeB.

A CNT valora de novo “moi positivamente” a xornada de folga onde a participación sitúase arredor do 50% das traballadoras en fraude de lei, e cunha importante participación en case a totalidade dos centros de traballo. A CNT destaca que o seguimento da protesta non se estanca co paso das xornadas de folga e que as traballadoras están dando unha lección de dignidade na loita polo seu posto de traballo”.

Esta xornada de folga volveuse a repetir a cazolada de protesta diante do Parlamento de Galicia, onde se celebraba sesión plenaria. As folguistas deixaron unha nova demostración de forza do persoal en loita cunha manifestación que partiu pasadas as 11:30h da Alameda de Compostela e tras un ruidoso percurso polas rúas compostelanas rematou ás portas do Parlamento de Galicia. As folguistas visibilizaron as súas xustas reivindicacións de estabilidade laboral para o persoal temporal en fraude de lei, berrando consignas como “As que estamos nos quedamos”, “Fixeza xa”, “Feijóo escoita, o Consorcio en loita” ou “Non ao ERE ás mulleres”, referíndose neste último caso, á evidente discriminación por razón de sexo que se produciría de executarse o plan da Xunta. 

Desde a CNT anúnciase que o persoal do Consorcio extenderá as súas mobilizacións por todo Galicia no vindeiro martes 25 de mayo con motivo do seguinte día de folga convocado. Os detalles destas protestas daranse a coñecer nos próximos días adiantando que serán mobilizacións “descentralizadas en horario de tarde” para permitir a participación “das moitas traballadoras obrigadas a realizar servizos mínimos” e tamén das familias que  “tamén se están fartando”. 

Por último, desde a CNT critícase abertamente que a Xerencia do Consorcio e a Dirección Xeral de Función Pública non queiran negociar para tentar buscar unha solución para a estabilidade do persoal en folga, máis agora que a xustiza ben de declarar fixa a unha afiliada do sindicato traballadora dunha Escola Infantil do Consorcio IeB que accedera ao seu posto a través dunha lista de agarda para persoal temporal. Esta sentenza deixa ver que o Consorcio IeB deseñou desde o inicio un entramado legal que pretendía levar a cabo contratacións fraudulentas do persoal a través de procesos selectivos completos que contaban con todas as garantías, e sinala que no caso que nos ocupa, foi Pilar Candocia, xerente adxunta de Galescolas do Consorcio IeB entre 2006 e 2009, a que asesorou e puxo en marcha estes procesos que tiveron como consecuencia establecer unha forma permanente de precariedade laboral e crearon unha temporalidade estrutural que afecta maioritariamente a mulleres, que supoñen por volta do 90% do persoal do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar.

Call Now ButtonChámanos