O Supremo ratifica a improcedencia dos despedimentos do persoal en fraude de lei

  • En sentenza ditada en unificación de doutrina, o Supremo ratifica que o cesamento do persoal laboral en fraude de lei por cobertura de praza por persoal funcionario supón un despedimento
  • Segundo as circunstancias do persoal, tratarase de despedimentos nulos (con dereito a indemnización) ou nulos (con readmisión do persoal cesado).
  • Este suposto será de aplicación a unha grande parte das prazas ofertadas pola Xunta nos últimas anos.

O Tribunal Supremo ven de ditar sentenza en unificación de doutrina na que ratifica como ilícita a práctica da administración de cubrir unha praza vacante de persoal laboral con persoal funcionario a través dun proceso selectivo. O tribunal considera que se trata dun despedimento en todo caso unha vez fica acreditado o carácter fraudulento da contratación temporal do persoal cesado.

Desde a CNT recórdase que “este é o caso da maior parte das prazas incluídas nas últimas Ofertas de Emprego Público da Xunta de Galicia” e que a execución dos procesos selectivos derivados destas OPE ilícitas vai supoñer “un extraordinario custo que terán que pagar os contribuidores, custo derivado exclusivamente da actuación manifestamente ilícita da Administración”.

Segundo reafirma esta sentenza, a resolución destes procesos suporá o pagamento de grandes indemnizacións ou levará a contar con postos duplicados e implicará o pagamento de grandes cantidades de salarios de tramitación, polo que desde a organización anarcosindical ínstase á Xunta “a non continuar coa execución duns procesos selectivos manifestamente ilegais, que constitúen na práctica despedimentos colectivos masivos e que bordean tipos penais como a prevaricación e a malversación” e chaman á procura de “fórmulas reais de estabilización do emprego sen sobrecustos orzamentarios e sen máis ilegalidades” e lembran o papel destacado dos sindicatos de concertación nestas ofertas de emprego ilícitas.

Call Now ButtonChámanos