Novas sentenzas favorables de teletraballo na Xunta

A CNT consegue novas sentenzas favorables de teletraballo na Xunta

  • Estas resolucións favorables ao teletraballo supoñen máis dereitos para os e as traballadoras.
  • A CNT insta á Xunta a deixar de poñer trabas para exercer o teletraballo.

A CNT demandou a concesión do teletraballo para varias traballadoras de diferentes Consellerías da Xunta de Galicia.
As recentes sentenzas recaídas en distintos Xulgados do social declaran o dereito para este persoal a teletraballar. Unha das principais razóns para atender as demandas do sindicato residen principalmente no feito probado de que as tarefas poden ser desenvolvidas desde o domicilio. É importante resaltar que a Xunta é incapaz de xustificar a súa negativa a permitir o teletraballo como se fai constar nas sentenzas.
Para finalizar, desde a CNT solicitamos, unha vez máis, á Xunta que deixe xa de poñer trabas ao seu persoal para o exercicio desde dereito ao teletraballo e recomendamos ao persoal que loite polo seus dereitos, xa que o proceder da Xunta negando dereitos sen argumentalo de ningunha maneira é “lamentablemente” unha práctica habitual.

Call Now ButtonChámanos