Protesta na negociación do baremo da Estabilización na Xunta

Este xoves 7 reuníase a mesa para a negociación dos criterios do baremo para os procesos de estabilización do persoal público temporal da Xunta derivados da OPE extraordinaria de 2022.


A xuntanza en San Caetano estivo acompañada dunha concentración de protesta por parte dun representativo grupo de temporais de distintas áreas da Administración que viñan reclamar unha estabilización real. Con distintos berros adicados ao director xeral de función pública e aos sindicatos da mesa de negociación demostraron o extendido enfado da maior parte do persoal temporal a respecto das propostas de baremo que se coñeceron de maneira previa á reunión tanto a enviada por función pública como as coñecidas de parte dos sindicatos da mesa, todas elas insuficientes e claramente lesivas cos dereitos do persoal temporal. As reclamacións do persoal temporal pasan por: 

1) Fase de oposición non eliminatoria nos procesos por concurso-oposición.

2) Inclusión de todas as prazas no proceso de estabilización e envío de buzóns de prazas actualizados.

3) Baremo xusto onde prime o traballo desempeñado na praza a estabilizar.

4) Eliminación do concurso de traslados do persoal fixo onde se ofertarán as prazas estabilizadas.


Desde CNT facemos un chamado a continuar coas protestas en defensa dos postos de traballo e dereitos do persoal público temporal da Xunta de Galicia entanto continúe a farsa de negociación entre a dirección xeral de función pública e os seus sindicatos.

Call Now ButtonChámanos