Enquisa HostaleríaDigna

Charlas informativas sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta

Xunta

  • Martes 4 ás 10h en San Lázaro e ás 12h en San Caetano
  • Trataranse as novidades introducidas no borrador da OPE 2018

O vindeiro martes 4 a CNT organiza unhas charlas informativas respecto das novidades que se aveciñan na OPE 2018 para o persoal temporal da Xunta afectado polos procesos de consolidación e estabilización do emprego temporal na Xunta. Estes procesos afectan dunha ou doutra maneira a todo o persoal interino, e laboral temporal e indefinido que traballa na actualidade na Xunta.

As charlas serán este martes 4 de decembro ás 10h no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro e, o propio martes 4 ás 12h no salón de actos pequeno en San Caetano. Estas reunións está dirixidas a todo o persoal temporal (interino, laboral temporal e laboral indefinido) afectado por estes procesos. Nelas poñeremos en común a información existente sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta, trataremos de resolver as dúbidas das persoas asistentes, presentaremos as problemáticas máis comúns e plantexaremos alternativas de actuación.

Non faltes, o teu futuro está en xogo!

 

Afíliate! http://www.cnt.gal/?q=afiliate

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cnt.gal

www.cnt.gal/?q=xunta