Se es persoal público temporal podes converter a túa praza en fixa!

Enquisa HostaleríaDigna

Contacta-nos

Galiza

A CNT denuncia as condicións no Punto de Atención á Infancia do Concello de Boimorto

• A CNT denuncia a contratación precaria e fraudulenta do persoal
• As diferencias salariais alcanzan máis de 7.000€ anuais por posto

A CNT denuncia as graves condicións de traballo no Punto de Atención á Infancia no Concello de Boimorto. Segundo informan na CNT, os incumprimentos son varios e danse en prácticamente todos os aspectos da relación laboral, nomeadamente en canto á contratación en fraude de lei, salarios moi por debaio do convenio, e incumprimento dos horarios e a xornada do persoal, entre outros.

Roteiro Libertario - Coluna Sanfins

 

 

  • A CNT súmase un ano máis aos actos de lebranza da Coluna Sanfins en Lousame na IV Romaría da Coluna, que este ano celebrará en Froxán o 28 de setembro.

 

O GES de Muiños esixe a fixeza dos seus contratos

  • A CNT demanda o recoñecemento dos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de muiños como persoal laboral fixo
  • O GES constituíuse en 2013 e ampliáronse en 2016 tras superar o persoal un proceso de concurso-oposición e están vinculados desde entón ao Concello de Muiños como persoal laboral temporal.
  • O Concello realiza contratos por obra en fraude de lei

Actualmente os contratos do persoal dos distintos GES en Galicia están vinculados á renovación do convenio marco que Xunta, Deputacións e FEGAMP elaboran e ao que se adhiren posteriormente os Concellos que son base dos GES. Así, os traballadores e traballadoras deste servizo de emerxencias fundamental para a cidadanía declaran atoparse “bastante intranquilos” nunha situación de incertidume onde ven perigar os seus postos de traballo e onde non reciben “nin a máis mínima explicación” sobre o seu futuro laboral por parte de ningunha das distintas administracións intervintes no seu marco regulatorio.

A CNT demanda a Servicios Sanitarios de la Coruña SL por despedimento

  • A empresa oculta o despedimento na suposta cobertura dunha excedencia
  • As cantidades adebedadas ao traballador superan os cinco mil euros

A CNT inerpçon unha demanda por despdimento contra a empresa Servicios Sanitarios de la Coruña SL, empresa concesionaria do transporte hospitalario programado e non urxente da área sanitaria da Coruña.

O traballador fora contratado en fraude de lei, pois un contratado realmente indefinido foi realizado pola empresa como temporal, alegando como causa de temporalidade unha circunstancia de interinidade, neste caso a substitución doutro traballador por razón do desfrute dunha excedencia de dito traballador. Sen embargo, a CNT asegura que "nin sequera se trata do mesmo posto de traballo nin do mesmo servizo" e que "en realidade o traballador despedido estaba a cubrir un posto permanente e estrutural na empresa".

A CNT denuncia as condicións de traballo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Pontevedra

  • A CNT denuncia graves deficiencias en materia de prevención de riscos e saúde laboral
  • O Concello tampouco tería ao persoal correctamente encadrado na Seguridade Social

A CNT denuncia diversas irregularidades, que cualifican de moi graves, no Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Pontevedra. Segundo o sindicato anarquista, o Concello non facilita a avaliación de riscos nin a planificación preventiva do servizo, o que "provoca un grande desamparo dos profesionais ecrea unha situación de perigo permanente". Recálcase desde a CNT que esta información se solicitou tanto aos responsábeis municipais como ao Delegado de Prevención do Concello, "peticións das que non se recibiu resposta en ningunha ocasión, o que supón un grave incumprimento e pode implicar incluso responsabilidades penais por parte do Concello e do delegado de Prevención".

A CNT demanda a KEYCOES CONSULTORÍA Y SERVICIOS por despedimento

• O traballador foi despedido alegando falta de rendimento

• As cantidades adebedadas pola empresa achéganse aos 2.000 euros

A CNT interpón unha demanda por despedimento contra a consultora KEYCOES, que ven de despedir a un traballador contratado en freude de lei alegando unha suposta diminución da rendibilidade cando, segundo a CNT, en realidade "trátase da forma habitual de desfacerse de traballadores temporais que deberían ser indefinidos para que non poidan exercer o seu dereito de acceso á estabilidade laboral á contratación indefinida conforme á lei".

O GES denuncia impagos por parte do Concello de A guarda

 

  • A CNT denuncia que o Concello non paga aos traballadores do GES as horas realizadas en horario nocturno
  • O concello adebeda por volta de 3.000 euros a cada traballador polas horas traballadas nos anos 2018 e 2019

A CNT ven de interpoñer unha serie de demandas contra o Concello de A Guarda por incumprimento do establecido no convenio colectivo en material de retribucións salariais. En concreto, esta nova demanda baséase no impago das horas traballadas en horario nocturno por parte do persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

A CNT demanda a MAPFRE e a SEGUROS NAVEIRA por despedimento


• A traballadora foi despedida por coller unha baixa laboral

• As cantidades adebedadas pola empresa achéganse aos 2.000 euros

A CNT interpón unha demanda por despedimento contra a empresa MAPFRE e  SEGUROS NAVEIRA, mercantil que traballa en exclusiva para MAPFRE e que en realidade "é unha empresa pantalla para evitar a contratación directa por parte da multinacional MAPFRE".

A CNT denuncia as condicións de traballo en CTAG-IDIADA SAFETY TECHNOLOGY, S.L.

 

• A CNT denuncia a contratación en fraude de lei do persoal temporal 

• Tamén se denunciará o incumprimento do convenio colectivo en materia salarial 

A CNT denuncia a grave situación dos traballadores CTAG-IDIADA SAFETY TECHNOLOGY, S.L. Segundo informan na CNT, os incumprimentos son varios e danse en prácticamente todos os aspectos da relación laboral: pagamento de salarios por debaixo do sinalado no convenio colectivo de aplicación, encadramento do persoal en categorías inferiores ás que corresponden consonte ao traballo realizado.

Novo horario de atención na sede de Compostela

A sede de CNT en Compostela permanecerá pechada ao público entre os días 9 e 19 de agosto.

A partir desa data, o horario de atención ao público será de luns a venres de 09h00 a 13h00 e de 18h30 a 20h30. Os venres non se atenderá en horario de tarde.

LEMBRA!

Tes á túa disposición o correo compostela@cnt.gal tanto para tratar temas urxentes durante o peche coma para solicitar cita en horario distinto.