Para afiliarte á CNT só é necesario completar a nosa ficha de afiliación.

  • Alternativamente, tamén podes DESCARGAR A FICHA AFILIACIÓN e enviarnola asinada. Podes entregala presencialmente nalgún dos nosos locais (onde estamos) ou ben mandala por e-mail a afiliacion@cnt.gal indicando APELIDOS e NOME no asunto do e-mail. A ficha pódela escanear ou sacarlle unha simple foto (sempre que sexa lexible!).

Nos seguintes días, despois do envío da ficha recibirás un e-mail de benvida confirmando a túa alta. Comproba o spam da túa caixa de correo, pois pode que este e-mail de benvida estea a filtrarse para ahí. Se en varios días non recibes nada contáctanos de novo por favor.


Para unirte á CNT tes que ser traballador ou traballadora, estudante, ou autónomo/a sen asalariados. As únicas traballadoras que non poden pertencer ao sindicato son aquelas que pertenzan ao aparato represor do Estado. Na CNT, somos un sindicato de clase traballadora, aberto e transversal, que se rexe polos principios de igualdade e democracia directa, a asemblea é a ferramenta de toma de decisións. As traballadoras pertencentes á CNT poden ter calquera filiación  ideolóxica ou crenzas.

A CNT non acepta subvencións nin axudas do Estado nin de ningunha  organizacion privada -ao contrario que sindicatos maioritarios-. A CNT  autoxestiónase coa cota das afiliadas e co traballo diario dos seus militantes/afiliados.

As persoas afiliadas á CNT Compostela terán os seguintes dereitos:

  • Serán de balde as consultas e ou asesoramento sindical e laboral*. 
  • Acceso a todo tipo de cursos de formación que organiza de forma periódica o Sindicato.  
  • Posibilidade de constituír unha Sección Sindical de CNT na súa empresa ou centro de traballo co asesoramento do Sindicato. 
  • Recibir a solidariedade e o apoio do conxunto do Sindicato nos conflitos sindicais da túa empresa.
  • Participación activa nas actividades, xornadas, actos e nos órganos para a toma de decisións do Sindicato 
  • Terá a posibilidade de desgravar a porcentaxe da cota sindical anual na súa Declaración da Renda (IRPF).

– Para iniciar un conflito deberanse ter 6 meses de antigüidade no sindicato, se non se teñen de 6 meses deberanse pagar 60 euros, desta norma quedan excluídas a asesoría a as consultas laborais.

– A asistencia incluirá as reclamacións xudiciais laborais e administrativas, individuais e colectivas. Queda excluído o custo da procuradoría e a condena en custos nos xulgados do ámbito contencioso-administrativo.

– Nas reclamacións que impliquen cantidades monetarias, o sindicato cobrará o 8 % das cantidades obtidas, cantidade á que se lle aplicará o IVE. Esta porcentaxe reducirase ao 5% para afiliadas con antigüidade superior a 5 anos e non se aplicará para as persoas afiliadas con antigüidades maiores de 8 anos, computando a antigüidade no momento de inicio do conflito.

– Serán de balde os preitos que non impliquen cantidades. 

– A baixa ou non pagamento da cota de afiliación implicará a perda dos citados dereitos, debendo abonarse os custes correspondentes por cada unha das xestións realizadas desde o inicio do proceso.

Cota sindical: a cota mensual de afiliación é a seguinte: 

  • Cota sindical: 16,88 €/mes 

As cotas abónanse por domiciliación bancaria cunha periodicidade bimestral. 

Organízate, Loita e Protéxete contra o despedimento 

O RESTO DE SINDICATOS PIDE O TEU VOTO 

CNT PIDE A TÚA ACCIÓN!

Call Now ButtonChámanos