Nova sección sindical en English 4 people

A CNT ven de constituír a súa sección sindical na empresa de academias English 4 people. Esta sección nace como ferramenta de loita, para canalizar as reivindicacións e demandas do persoal.

As traballadoras reclaman os incumprimentos do convenio: atrasos non pagados, incrementos salariais non aplicados…

Dende a CNT destacamos que a estrutura de sección sindical é máis eficaz que o modelo representativo, ademais de ser realmente horizontal; sen intermediarios; as traballadoras negocian coa empresa de xeito directo. Todas as afiliadas teñen o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías.

Call Now ButtonChámanos