Concentración e cazolada nun acto no que participa a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia

  • O sábado 20 de novembro ás 9h cazolada no Monte do Gozo nun acto da conselleira de política social.
  • A cazolada é parte da estratexia de presión da sección sindical da CNT no Consorcio Galego de IeB.

A CNT convoca ao persoal temporal do Consorcio IeB, e a todo o persoal temporal que queira acompañarnos, a unha nova cazolada, o vindeiro sábado 20 de novembro ás 9h diante do albergue do complexo Monte Do Gozo en Compostela. 

A Conselleira de Política Social, Fabiola García, asiste á inauguración dunhas xornadas,  queremos acompañala para recordarlle que as mulleres do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar continuamos na loita, e que continuaremos ata que se solucione o problema de inestabilidade laboral e abuso que levamos sufrindo durante anos.

Nos próximos días enviaremos a convocatoria desta cazolada a que chamamos a todo o persoal a asistir, mais que nunca debemos estar unidas na loita, parece que algo se move en Madrid, e do ruído que fagamos agora, vai a depender que ese algo sexa beneficios ou non para nós.

A cazolada é unhas das iniciativas posta en marcha dende a Sección Sindical do Consorcio na CNT, para apoiar con mobilizacións na rúa as reunións que se están a realizar coa Xerencia do Consorcio. Tentamos aumentar así a presión para manter a vontade negociadora dos que permiten que se siga abusando de nos.

O calendario de mobilizacións do persoal temporal do Consorcio IeB continúa aberto, iranse sumando novas protestas para tratar de atopar solución á situación de temporalidade estrutural que sufrimos.

A CNT ten como obxectivo regularizar a situación de todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade, independentemente da forma de acceso ao seu posto (oposición, listas, subrogación,…), no caso particular das traballadoras do Consorcio IeB, toda vez que a Xunta de Galiza ven de incluír a practica totalidade das súas prazas na oferta de emprego público (OPE) publicada a finais de 2020.”

Call Now ButtonChámanos