25 febreiro: Segunda xornada da FOLGA convocada por CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar

Este xoves 25 de febreiro de 2021 continúa a FOLGA convocada por CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar con un paro de 8h a 11h para o persoal que traballa na rede de servizos públicos do Consorcio: nas escolas infantís da Galiña Azul, nos fogares resindenciais, centros de día, centros de acollemento ou nos servizos de inclusión e contra a violencia de xénero.

Seguir lendo 25 febreiro: Segunda xornada da FOLGA convocada por CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar

Xornada histórica na folga da CNT no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

As traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar secunda a folga da CNT

Á concentración á porta dos servizos centrais do organismo acudiu persoal de todos os lugares da Galiza

Esta xornada serviu como comezo das mobilizacións, protestas e paros que están por vir

Seguir lendo Xornada histórica na folga da CNT no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Folga no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar convocada por CNT

Inicio da folga no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar este 18 de febreiro cun paro de 24h e todos os xoves de maneira indefinida paros de 8 a 11h.

O persoal temporal en fraude reclama estabilidade no seu posto de traballo e a paralización da OPE que pode levar ao seu despedimento.

O primeiro día de folga realizase concentración de protesta ás portas dos servizos centrais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en Compostela.

As primeiras valoracións sobre o seguimento da folga son positivas a pesar do abusivo dos servizos mínimos impostos pola Xunta de Galicia

Seguir lendo Folga no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar convocada por CNT

A CNT apoia as concentracións en máis de 30 cidades de todo o estado convocadas polo movemento Mi15f.

Estas concentracións teñen por finalidade visibilizar a situación do persoal público temporal: Interino, estatutario e laboral… son o persoal máis precario e para o que existe o despido libre.

A CNT non pode obviar esta situación e traslada ás súa afiliación a necesidade de participación activa nas protestas.

Seguir lendo A CNT apoia as concentracións en máis de 30 cidades de todo o estado convocadas polo movemento Mi15f.

ACNUR despide ao traballador pola súa actividade sindical dende a CNT

O afiliado á CNT presentou unha demanda pola Modificación Substancial das Condicións Laborais e recibiu o despedimento como resposta

A Asociación España con ACNUR únese ás empresas do sector de captación de socios que utilizan prácticas antisindicais

O sindicato reclama a reincorporación ao posto de traballo e unha indemnización polo despedimento nulo

Seguir lendo ACNUR despide ao traballador pola súa actividade sindical dende a CNT

A CNT insiste en negociar unha solución para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

O sindicato envía novamente peticións de reunión aos grupos parlamentarios para negociar unha solución ante a folga inminente convocada

A CNT envía tamén a petición para o inicio da negociación con Función Pública e a Xerencias do organismo

Aínda hai tempo suficiente para buscar unha solución ao conflito prantexado polos traballadores e traballadoras

Seguir lendo A CNT insiste en negociar unha solución para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

O teletraballo no Consorcio: un dereito para uns poucos

A CNT presenta unha batería de denuncias en materia de dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral contra o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Mentres os altos cargos obteñen o teletraballo a pesar das súas tarefas presenciais, esta modalidade é denegada ás traballadoras e traballadores da administración

O Consorcio Galego utiliza escusas sen ningún tipo de valor para unha denegación colectiva da maioría das solicitudes

Seguir lendo O teletraballo no Consorcio: un dereito para uns poucos

A CNT demanda ao Concello de Quiroga por vulneración de dereitos fundamentais

Tras a interposición dunha demanda reclamando a fixeza do posto de traballo, o Concello aparta ao traballador das súas funcións

Nun exemplo de caciquismo absoluto o Alcalde-Presidente do Concello decide cambiar de posto ao traballador

Tras a denuncia presentada pola CNT, o representante político comeza unha campaña de acoso contra o traballador

Seguir lendo A CNT demanda ao Concello de Quiroga por vulneración de dereitos fundamentais

Congalsa vulnera os dereitos fundamentais da traballadora da CNT

A conserveira despide á traballadora tras presentar varias reclamacións en materia laboral

No despedimento alegan ineptitude sobrevida tras verse obrigada a traballadora a estar de baixa polas lamentables condicións de traballo ás que foi sometida

A situación das traballadoras das conserveiras en Galiza supón un alto risco para a súa saúde nas condicións actuais

Seguir lendo Congalsa vulnera os dereitos fundamentais da traballadora da CNT
Call Now ButtonChámanos