Cativos S.L. abona 7.000 € a un traballador pola denuncia da CNT

  • O traballaor foi despedido durante o Estado de Alarma pola empresa Cativos Educación e Deporte S.L.
  • Tras a denuncia da CNT, a empresa terá que abonar 7.000 € pola improcedencia do despedimento

En data 20 de marzo de 2020, tan só seis días despois de ser declarado o Estado de Alarma, a empresa Cativos Educación e Deporte S.L. sita en Santiago de Compostela, tratou de aproveitar o momento de desconcerto para despedir a un dos seus traballadores. A empresa enviou unha carta de despedimento sen sequera cumprir o preaviso establecido por lei. Desta forma, a CNT demandouna polo carácter improcedente do despedimento.

Tras ser adiado o xuízo, a empresa foi finalmente condenada meses máis tarde recoñecendo o xulgado a improcedencia do despedimento levado a cabo así como a débeda pendente pola falta de preaviso e os días de vacacións adebedados. A súma total ascende a 7.000 € que debían ser abonados nun prazo de 5 días dende a resolución da cita xudicial.

A CNT continúa demandando todos os incumprimentos que moitas empresas están tratando de levar a cabo coa excusa da pandemia sanitaria declarada.

Call Now ButtonChámanos