A CNT apoia as concentracións en máis de 30 cidades de todo o estado convocadas polo movemento Mi15f.

  • Estas concentracións teñen por finalidade visibilizar a situación do persoal público temporal: Interino, estatutario e laboral… son o persoal máis precario e para o que existe o despido libre.
  • CNT apoia tamén a protesta do 19 de febreiro no TSXG.
  • A CNT non pode obviar esta situación e traslada ás súa afiliación a necesidade de participación activa nas protestas.  

As concentracións deste 15 de febreiro conmemoran a manifestación masiva en Madrid na mesma data realizada fai un ano. Dende ese momento ata agora son múltiples os colectivos por todo o estado que se organizan para loitar mediante manifestacións e concentracións. Neste senso, a CNT a parte de apoiar estas accións, realiza a convocatoria dunha das primeiras folgas de todo o estado para tratar de solucionar a temporalidade no ente público que posiblemente ten o máximo índice de fraude por temporalidade do estado (95% das suas traballadoras): o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

En Galiza as convocatorias deste luns 15 de febreiro son ás 17:30h en:

  • A Coruña: Praza Maria Pita
  • Vigo: Marco – Príncipe
  • Pontevedra: Praza da Peregrina
  • Lugo: Praza do Concello
  • Santiago: Praza do Obradoiro
  • Ourense:  Praza do Concello

Facémonos tamén eco da convocatoria prevista para o venres 19 ás 12h no TSXG en A Coruña organizada pola asociación Plategal.


Nas protestas está convidado a participar todo o persoal público temporal de todas as administracións públicas e de todas as categorías; porque o fraude por temporalidade é un problema xeral en todo o estado. Este sistema “precarizador” leva anos funcionando e xerando persoal temporal con menos dereitos. Agora somos 800.000, e a solución que da desde as Administracións é deixarnos na rúa, sen ter en conta o abuso sufrido nin os anos de servizo.

Paremos a fraude nas Administracións!!

Fixeza XA!!

As que estamos quedamos!!

Call Now ButtonChámanos