Traballadores e traballadoras temporais das administracións demandan unha solución á fraude na contratación en Madrid

Este sábado 22 de maio protestaron en Madrid traballadores e traballadoras das diferentes administracións do estado que se atopan en fraude de lei e abuso de temporalidade.


A CNT apoiou esta manifestación masiva pola capital organizada polo Mi15f, co fin de esixir a fixeza do persoal en fraude. A esta manifestación acudiu persoal de todas as comunidades, traballadores en abuso e nela fíxose mención aos diferentes tipos de accións que se están realizando en todo o estado: folgas, folgas de fame, caravanas e manifestacións entre outras


Un nutrido grupo de traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar desprazáronse a Madrid, á manifestación para visibilizar a súa situación particular e mostrar apoio a este movemento estatal nas súas reivindicacións xerais, xa que a reivindicación da: fixeza, paralización das OPEs e inspección das prazas para coñecer a magnitude da fraude, son reivindicacións compatibles cos obxectivos das traballadoras en folga do Consorcio IeB.

Esta acción, a súa envergadura, pon de manifesto a magnitude do problema da fraude por abuso de temporalidade e o desafio que os traballadores e traballadoras públicos temporais temos que superar con unión e acción.

Fixeza xa!

As que estamos, quedamos e loitamos!

Call Now ButtonChámanos