O conto da Consolidación na Xunta de Galicia

  • Exame  inadecuado no proceso de consolidación do grupo IV do pasado 28 de setembro
  • A realidade confirma as teorías expostas por CNT, que pide a paralización inmediata dos procesos en marcha. 

Desde CNT lévase tempo criticando os procesos de consolidación de emprego público que vén convocando a Xunta nos últimos anos.  

A regulación do persoal público temporal en fraude de lei e abuso de temporalidade debería facerse acorde ao definido na propia lexislación, é dicir, baseando as probas dos procesos selectivos nas tarefas habituais das persoas a consolidar.

Isto non sucedeu o pasado 28 de setembro no 2° exame do proceso de consolidación do grupo IV excesivamente alonxado do traballo diario das participantes e que vén a  demostrar, se aínda alguén tiña algunha dúbida, a inutilidade real da consolidacion tal e como a está a levar a cabo a administración. 

Lamentablemente a Xunta e os seus síndicatos acordan e defenden publicamente estes procesos lesivos para as tralladoras e traballadores públicos víctimas dunha fraude que dura xa demasiados años. Xógase desta maneira co futuro laboral de milleiros de empregadas públicas, xógase coa calidade dos servizos públicos que se veñen prestando e xógase económicamente con cantidades importantes de cartos de todos e de todas.

Desde a CNT esiximos á Xunta, unha vez máis, a paralización inmediata dos falsos procesos de consolidación e estabilización e a regulación do persoal público temporal en fraude e abuso de temporalidade. 

Por último, faise un chamado ao persoal afectado para achegarse á CNT e estudar as posibles vías de reclamación nas que poida derivar o caso particular do proceso de consolidación de grupo IV.

Call Now ButtonChámanos