A Xunta condenada por despedimento nulo

  • O xulgado declara o despedimento nulo e ordena pago de salarios de trámite e indemnización
  • A compañeira fora despedida como resultado do proceso de estabilización de bioloxía convocado no ano 2019

A nosa compañeira bióloga terá que ser readmitida no seu posto na Consellería do Mar da Xunta de Galicia tras a sentenza do xulgado do social número 6 da Coruña que declara o seu despedimento como nulo.

A compañeira (que conta con 24 anos de experiencia) foi cesada no seu posto o pasado abril tras ser cuberta a súa praza no último proceso de biólogos. A sentenza recoñece que o despedimento é unha represalia ás constantes reclamacións e demandas levadas a cabo pola traballadora e condena á Xunta de Galicia a readmitir á traballadora e aboarlle os salarios de tramitación, así como o unha indemnización de 6.125 €.

A CNT valora moi positivamente esta sentenza, que non fai máis que demostrar o “chapuceiro” da actuación da Xunta respecto do persoal temporal en fraude e abuso na contratación, e reafírmase na idea de que “os ceses por cobertura de praza nos procesos de consolidación e estabilización poden ser todos ilegais e supoñen despedimentos encubertos”. Desde a CNT  agárdase tamén que os responsables de Función Pública “tomen boa nota” por se nalgún momento “se teña a ben” analizar o dispendio económico que supón “maltratar” ás súas traballadoras e traballadores. 

Call Now ButtonChámanos