17O: Encontro persoal público temporal

Este xoves 17 ás 17h no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro Compostela terá lugar unha nova xuntanza do Encontro galego do persoal público temporal da que fai parte a CNT e outros sindicatos e asociacións do persoal público temporal.

Nesta ocasión, a xuntanza planificará e organizará as próximas accións de protesta a desenvolver para dar continuidade ás manifestacións organizadas en maio  e setembro.

 

Animamos a todas e todos a participar e a traballar en prol da defensa dos dereitos do persoal público temporal.

 

O Encontro galego do persoal público temporal é un espazo aberto a organizacións e persoas a nivel individual que naceu na pasada primavera co obxectivo de desenvolver protestas contra o abuso e fraude por parte da Administracións Públicas na contratación temporal. Así, a loita polos postos de traballo do persoal público é a base da defensa dos servicios públicos de calidade.

 

O encontro aprobou por unanimidade os seguintes puntos reivindicativos:

 

– Paralización inmediata dos falsos procesos de estabilización, sen prexuízo da continuidade da oferta de prazas ordinarias para cubrir baixas

– Suspensión e anulación de todo cese e despedimento ilegal

– Estabilización mediante regularización administrativa, de todo o persoal público en fraude e abuso de temporalidade

– Igualdade de trato e condicións de traballo entre persoal temporal e fixo da Administración

– Reversión das privatizacións

– Recuperación de vacantes e prazas amortizadas sacando a oferta de emprego público as prazas necesarias para acabar cos planteis deficitarios

 

 

 

 

Call Now ButtonChámanos