Manifestación 28S

28S: Contra os “falsos” procesos de estabilización do emprego público

Centenares de persoas manifestámonos este sábado en Compostela para esixir ás administracións a “paralización inmediata” dos “falsos procesos de estabilización” de prazas públicas ocupadas por traballadores e traballadoras que levamos anos cubrindo postos estruturais e necesidades permanentes dentro dos entes públicos.

 

A manifestación, que arrincou ás 12,00 horas da Alameda e percorreu as rúas da cidade con sons de sirenas, pitos e berros como ‘Paremos a fraude dás administracións’ , ‘Non ao ERE nas administracións’ ou ‘Feijo, Barreiro iredes pra Teixeiro’.

 

Encabezada por unha pancarta co lema ‘Paremos a fraude e o abuso nas administracións públicas’, pedimos a detención dos procesos que os distintos gobernos de toda España puxeron ou porán en marcha para a estabilización de postos.

 

As convocatorias de OPEs e procesos selectivos de acceso libre son unha forma de tapar os abusos e a fraude na contratación temporal sucesiva de persoal funcionario interino, persoal estatutario temporal e temporais de longa duración.

 

Estes procesos non estabilizan as persoas, senón as prazas, facilitarán o cesamento e despedimento masivo de máis de 700.000 empregados/as públicos (a nivel estatal), cunha media de idade de máis de 45 anos tras varias décadas traballando e defendendo a calidade dos servizos públicos. Trátase dun despedimento masivo ilegal que nos venden como creación de emprego e fin de temporalidade.

Call Now ButtonChámanos