25S manifestación dos temporais en Madrid

  • CNT apoia a manifestación en Madrid do persoal público temporal o vindeiro sábado 25 de setembro.
  • Fletaranse buses desde Galiza para acudir á protesta.

A CNT de Galiza apoia a convocatoria estatal do vindeiro 25 de setembro en Madrid para protestar pola situación do persoal público temporal. 

A manifestación convocada polo sindicalismo alternativo e apoiada polas organizacións e plataformas do persoal público temporal partirá ás 12h desde Atocha (Paseo del Prado) e finalizará diante do Ministerio de Facenda e función Pública (Alcalá 5).

A manifestación ten como obxectivos protestar contra o RDL 25/2021 (Icetazo), a defensa dos servizos públicos e a regularización do persoal público temporal en fraude e abuso de temporalidade en todas as Administracións públicas. 

Call Now ButtonChámanos