18 maio: Charla “Análise actual da FIXEZA como solución á temporalidade nas AAPP”

Este martes 18 ás 19h a través da canle de YouTube da CNT Galiza faremos unha charla online para avaliar as distintas posibilidades que existen a día de hoxe para solucionar o problema da temporalidade nas administracións públicas. Repasaremos as últimas novidades en distintas comunidades autónomas do estado sobre a reclamación de fixeza do persoal en fraude e abuso de contratación.


No mesmo acto farase  comentaremos a recente sentenza de fixeza da traballadora do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar que accedeu ao seu posto polas listas de contratación.

Detallaranse tamén as mobilizacións previstas para este final de mes, en especial, as protestas convocadas por CNT en toda Galicia o vindeiro martes 25 de maio coincidindo co séptimo día de folga no Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar, nas que traballadoras, familias usuarias, veciñanza e todo o persoal público temporal en fraude de lei de todas as administracións están chamadas a participar.



Call Now ButtonChámanos