Miles de temporais maniféstanse en Madrid este 25S

  • O persoal público temporal reclama a fixeza dos postos de traballo
  • A sección da CNT no Consorcio IeB deixase notar na protesta

As compañeiras da sección sindical de CNT no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar continuaron a súa loita en Madrid, respondendo a convocatoria que diferentes sindicatos alternativos realizaron este 25/09/2021. 

A esta manifestación acudiron miles de traballadores e traballadoras das diferentes administracións públicas, contratados en fraude de lei e abuso de temporalidade, que puxeron de manifesto a magnitude da fraude en todo o sector público, desde concellos ata ministerios ou comunidades autónomas en todo o estado. 

Nesta acción expresouse a repulsa polo real decreto coñecido como “Icetazo” que supón un agravamento da situación das persoas que xa son víctimas dunha fraude.

Os berros de Primeiro solución, despois oposición” e “As que estamos, quedamos” sonaron polas rúas de Madrid ata o final da manifestación diante do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Call Now ButtonChámanos