Primeira sentenza favorable de fixeza da CNT no Consorcio Galego

  • A CNT consegue a primeira sentenza de fixeza para unha traballadora do Consorcio Galego
  • Tras meses de traballo, o persoal temporal do Consorcio Galego de Igualdade e benestar obtén o recoñecemento que lle corresponde
  • Esta primeira vitoria supón un pulo ás mobilizacións plantexadas polos traballadores e traballadoras

O xulgado do social de Ourense ven de ditaminar sentenza de fixeza para unha traballadora temporal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que superara en 2007 un proceso de selección. Tras meses de reivindicacións, denuncias e obstáculos doutras organizacións para reclamar o que lle corresponde aos traballadores e traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, a xustiza parece comezar a dar a razón aos plantexamentos do sindicato.

O persoal deste organismo atópase nunha situación de precariedade e temporalidade que non se corresponde coa calidade do servizo público ao que pertencen. A fraude de lei na contratación e o abuso de temporalidade durante anos mantén ao persoal nunhas condicións de inestabilidade laboral inmerecidas. 

Nestes momentos a situación do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar é especialmente delicada polo perigo de despedimento do persoal temporal que se atopa incluído na ope 2020, polo que a CNT insta ao persoal afectado a «informarse e organizarse canto antes». É por isto que o sindicato continuará co seu traballo no ámbito das administracións públicas como ven desenvolvendo até agora, ofrecendo toda a información necesaria para rematar coa fraude na contratación e abuso da temporalidade no sector público.

Neste novo ano o sindicato continuará defendendo ao persoal temporal no ámbito das administracións públicas como ven desenvolvendo até agora, ofrecendo toda a información e apoio necesarios para rematar coa fraude na contratación e abuso da temporalidade no sector público perpetrados dende o primeiro día polos propios organismos como a Xunta.

Este 2021, desde a CNT, continuamos a reclamar #FixezaXa #FijezaYa

Call Now ButtonChámanos