Persoal da Amtega reclama os seus salarios

  • Reclámase a diferencia de salarios co grupo 1/A1.
  • Afecta a todo o persoal de Amtega que realiza xestión de proxectos, sexa laboral ou funcionario, fixo ou temporal.

O persoal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) que cumpre labores de xestión de proxectos informáticos, ven de organizarse para reclamar os seus dereitos en materia salarial.

Son moitos anos nos que o persoal da Amtega coñecido co rol de “Xestor TIC” desenvolve o seu labor de xestión e seguimento de proxectos tecnolóxicos con distintas categorias. É moi común que estas categorías estean por debaixo da categoría de referencia para estes responsables de proxectos que sería a de grupo 1 para o persoal laboral ou o equivalente grupo A1 para o persoal funcionario.

Dende a CNT xa se puxo en marcha este proceso de reclamación coa presentación de reclamacións previas individuais por parte do persoal afectado.  Asimesmo, dende a sección sindical pediuse unha reunión cos responsables da Amtega para tratar este tema.

Por último, animamos a todo o persoal da Amtega que realiza tarefas de xestión de proxectos por debaixo da categoría, sexa laboral ou funcionario, fixo ou temporal a que se informe coa CNT e reclame os seus dereitos.

A igual traballo, igual salario!!

Call Now ButtonChámanos