O Concello de Avión condenado por non abonar o complemento das baixas dos seus empregados

  • A CNT continúa demandando os incumprimentos do Concello de Avión.
  • O Secretario da Administración Local sigue empeñado en non cumprir coa lexislación vixente en materia laboral.
  • O persoal público do Concello ten dereito a percibir o 100% do salario durante o período de incapacidade temporal.

A CNT ven de conseguir unha nova vitoria xudicial fronte ao Concello de Avión. Nesta ocasión, o consistorio pretendía non abonar o complemento por incapacidade temporal que deben recibir os traballadores e traballadoras do seu organismo, como determina o artigo 146.3 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, que é de aplicación ás entidades locais galegas, e que, segundo o seu artigo 4, dispón que “As administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación da presente lei abonarán o complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal ou de desfrute da licenza por enfermidade, que, sumado á prestación do réxime xeral da Seguridade Social, alcance o 100 % das retribucións fixas do mes do inicio da incapacidade temporal”. Deste xeito, a corporación municipal leva anos sen abonar ao seu persoal as cantidades que lles corresponden segundo a lexislación vixente.

Esta non é a primeira ocasión na que a CNT denuncia os incumprimentos en materia laboral do Concello de Avión. Deste xeito, o consistorio continúa a malgastar os cartos do erario público e dos habitantes da contorna coa contratación dun Gabinete Xurídico para a xudicialización dun problema xerado por parte do propio Secretario da Administración Local. A CNT continuará denunciando este e todos os incumprimentos que se continúen realizando desde a corporación local até que cesen nesta estratexia de negación e incumprimentos.

Call Now ButtonChámanos