CNT GALIZA solidarízase coas traballadoras do servizo de cociña do CHUAC

As traballadoras e traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) comezaron este martes 23 de xaneiro unha serie de concentracións en contra da imposición unilateral por parte da xerencia de hostalaría e RRHH dun novo horario, que afecta negativamente ós seus dereitos laborais, especialmente de conciliación.

Denuncian que RRHH quere facer un recorte de persoal encuberto como unha reestructuración de plantilla, precarizando así, os postos de traballo mentres desaparecen as contratacións eventuais.

Dende CNT Galiza queremos mostrar todo o noso apoio e sumámonos ás xustas reinvindicacións que están a facer. Ademáis, alentamos a participar nas concentracións e achegar todas as mostras de ánimo e solidariedade.

SEN NEGOCIACÓN, HAI IMPOSICIÓN!

Call Now ButtonChámanos