Piquete das traballadoras do consorcio IeB na convención nacional do PP

  • Altos cargos do PP recibidos a berros en Compostela
  • A protesta fai parte da estratexia de presión deaeñada pola sección da CNT

As compañeiras da sección do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar continúan na liña de acción para manter a presion e asegurar unha negociación real coa xerencia do Consorcio. Hoxe, desde as 9:45 e no inicio da convención nacional do PP en Santiago de Compostela, as traballadoras realizaron unha cazolada e berraron na entrada do evento as habituais consignas: “As que estamos, nos quedamos” ou “Feijóo escoita, tes o Consorcio en loita” Os políticos asistentes como Feijoo, Rajoi, Rueda, Ana Pastor e Casado escoitaron os berros das compañeiras e aínda que intentaron falar cos medios e retratar os encontros entre eles na bonita fachada do edificio non lles foi posible. Algún político incluso recibíu en man unha tarxeta do xa famoso trivial do Consorcio.

Os medios achegaronse a falar coas compañeiras e realizaron varias entrevistas, como é habitual, pero tamén é habitual que estas entrevistas non aparezan nos diferentes informativos.

Call Now ButtonChámanos