Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esixen a súa retirada inmediata.

Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical” e o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Se ben a Axenda indica que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, veciñais, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social criminalizándoos.

Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos sociais, ante a pasividade e cumplicidade da Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande “ameaza”.

O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. Os colectivos asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.

Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social

A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun “distintivo de sustentabilidade”, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector.

A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, e que xa recibiu milleiros de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde os colectivos asinantes, demandan que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.

Entidades asinantes:

  1. A de Rousmeri
  2. A Jalleira – Asociación forestal e de educación ambiental
  3. A Quenlla
  4. A Rente do Chan-PLADEVER
  5. A Ría Non se Vende
  6. Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras
  7. Amigas da Terra
  8. Amigas das Árbores de Ourense
  9. Arabías Soc. Cooperativa Galega
  10. Asociación A Lama Vive
  11. Asociación Alarma na Terra de Montes
  12. Asociación Ambiental Contramínate
  13. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
  14. Asociación Amigas das Cegoñas
  15. Asociación APEOM
  16. Asociación Asemblea do Suído
  17. Asociación Avoar
  18. Asociación Axóuxere Editora
  19. Asociación Cheiros NON
  20. Asociación Cívico Cultural Terra de Outes
  21. Asociación Cultural Canle de Lira
  22. Asociación Cultural Bubela de Abuín
  23. Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal
  24. Asociación Cultural, Deportiva e Cultural Treze Catorze, de Salceda de Caselas
  25. Asociación Cultural Fuco Buxán
  26. Asociación Cultural Liceo Mutante
  27. Asociación Cultural Lucerna
  28. Asociación Cultural Vagalumes da Estrada
  29. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
  30. Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño
  31. Asociación de Amigos da Dorna Meca
  32. Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas
  33. Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro
  34. Asociación de Indignados de Gestoso
  35. Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal
  36. Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán
  37. Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro
  38. Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo
  39. Asociación Ecoloxista Arco Iris
  40. Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
  41. Asociación Fixing
  42. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA
  43. Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
  44. Asociación Medioambiental GRUPO LOBO
  45. Asociación Nove Refachos
  46. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  47. Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
  48. Asociación Ridimoas
  49. Asociación Sachos á Rúa
  50. Asociación Touda
  51. Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia
  52. Asociación Veciñal de Lentille
  53. Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo
  54. Asociación Verdegaia
  55. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
  56. Associação Sócio-Cultural O Iríbio
  57. Ateneo Libertario Pontevedra
  58. BerXallas Minaría Destrutiva Non
  59. Brexa, Asociación de Custodia do Territorio
  60. Biblioteca Maravilhas
  61. Central Unitaria de Traballadoras – CUT Galiza
  62. Centro de Saberes para a Sustentabilidade
  63. Centro Social A Gentalha do Pichel
  64. Centro Social A Pedreira
  65. Centro Social Mádia Leva
  66. Centro Social Fuscalho
  67. Colectivo Agrocuir da Ulloa
  68. Colectivo Arroutada
  69. Colectivo ArteLixo
  70. Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades
  71. Colectivo Capitán Gosende
  72. Colectivo O Suído
  73. Comisión contra as Minas na Terra Chá
  74. Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
  75. Confederacion Xeral Do Traballo, CGT de Galicia
  76. Confraría de Pescadores de Noia
  77. Confraría de Pescadores de Portosín
  78. Cornado Mina Non
  79. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
  80. CSA Casa Colorida
  81. CS Fuscalho (A Guarda)
  82. Ecoloxistas en Acción
  83. Federación Ecoloxista Galega
  84. Federación Rural Galega (FRUGA)
  85. Fridays for Future Santiago
  86. Fundação Montescola
  87. Greenpeace
  88. Grupo Naturalista Hábitat
  89. Instituto Resiliencia
  90. Movemento Ecoloxista da Limia (MEL)
  91. Movemento Galego polo Clima
  92. Naturgalicia
  93. Organización Galega de Comunidades de Montes
  94. Plademar Muros-Noia
  95. Plataforma anti-minas de Mesía
  96. Plataforma Casalonga limpa de residuos
  97. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins
  98. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
  99. Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega
  100. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
  101. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
  102. Plataforma Oro No
  103. Plataforma pola Defensa do Monte Neme
  104. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre
  105. Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
  106. Plataforma pola Recuperación do Sar
  107. Plataforma Quixote de Outes
  108. Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non
  109. Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio
  110. Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non
  111. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
  112. Rompamfilas Coletivo Antimilitarista
  113. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
  114. Salvemos a Comarca de Ordes
  115. Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
  116. Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas
  117. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
  118. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
  119. SOS Encrobas
  120. STOP Eólicos Xurés Celanova
  121. Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural
  122. The Foundry
  123. Zuleiro Grupo de Consumo

Call Now ButtonChámanos