Os dereitos que Os Ventos levou

Os compañeiros e as compañeiras de PTIS (Persoal Técnico en Integración Social) de #CNT Jerez de la Frontera estiveron en folga 27 días reclamando os seus dereitos contra a empresa Os Ventos, adxudicataria do servizo pola Xunta de Andalucía.

Sorprende que esta empresa siga accedendo a contratos públicos cando o incumprimento dos dereitos laborais parece ser a súa norma e acumula denuncias aí onde está presente.

Para CNT Galiza a empresa Os Ventos é unha boa coñecida nosa. Xa tivemos varias denuncias contra ela e, actualmente, pelexamos cunha compañeira con xornada parcial partida, sen respectar os días de descanso legais e, ademais, nesta nómina fáltalle diñeiro.

Todo o noso apoio aos compañeiros e compañeiras e celebramos a resolución do seu conflito.

Xuntas somos máis fortes!

Call Now ButtonChámanos