Dende a sección sindical do Consorcio de IeB de CNT facemos un chamamento a todos todas as compañeiras a participar nesta campaña de visibilización, denuncia e presión á Xunta de Galicia.

Nun momento clave, onde se está a decidir e o xeito no que se aplicará a lei para a redución da temporalidade nas administracións públicas, precisamos a máxima presión para que non se esquezan das persoas abusadas durante máis dunha década e conseguir unha estabilización real.

Invitamos ás compañeiras a facer os seu propios vídeos cunha parte da coreografía e colgalos nas redes sociais ou facelos chegar o sindicato.
Animádevos a participar e loitar pola estabilidade e o resarcimento do dano causado! Facede os vosos vídeos cunha parte da coreografía e colgádeo nas redes sociais etiquetando a CNT Galiza ou facédeo chegar ao sindicato.

Call Now ButtonChámanos