A REALIDADE DOS CENTROS DE DÍA PÚBLICOS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL A MENOS DUNHA SEMANA DA APERTURA: NON PODERÁN ABRIR CON GARANTÍAS DE PREVENCIÓN ANTE OS CONTAXIOS POR CORONAVIRUS

Despois dun largo periplo de decisións contraditorias tomadas dende a Xunta de Galicia e a Consellería de Política social, os centros de día públicos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar atópanse nunha situación que non lles permitirá abrir cun mínimo de garantías básicas contra o Coronavirus.

Durante estes meses do estado de alarma, o persoal dos centros de día públicos, estivo traballando en distintos servizos: fogares residenciais, centros de emerxencia a mulleres vítimas de violencia de xénero, os dous recursos intermedios creados en Santiago de Compostela e Baños de Molgas para persoas maiores usuarios de residencias privadas que foran diagnosticadas de coronavirus etc.

Aínda así, dende o propio Consorcio, foise elaborando un plan de acción para a reapertura dos centos de día, para telo a disposición en canto fose posible e considerando como data probable o mes de xuño.

Coa decisión anunciada por Alberto Núñez Feijoo o 29 de maio do 2020, os traballadores e as traballadoras foron informados durante a propia comparecencia pública do presidente, que o reinicio sería o 1 de setembro do 2020. É importante ter en conta que, nas reunións que se realizaron durante estes 4 meses foron só convocados pola Xunta de Galicia, os Centros de Día privados. Así, os centro públicos foron coñecendo as decisións a través das noticias polos medios de comunicación.

O persoal público, continuou a disposición da administración galega durante este tempo, prestando os seus servizos noutros recursos como residencias de maiores, desprazados (en moitos casos) a máis de 10 km dos seus fogares, noutras provincias ou en calquera lugar de Galicia. Esta situación estendeuse incluso despois do fin do estado de alarma a mediados de xuño e no mes de xullo, tendo aínda hoxe desprazado persoal.

O 29 de xuño, sen que a Xunta dotase aos centros de día públicos de máscaras, o pouco persoal a disposición que nese momento que había, reincorporouse aos seus centros, cun plan de traballo enviado ese mesmo día para os 2 meses previos á apertura en setembro: formación sobre o COVID-19 para as persoas traballadoras, familias e usuarios, adaptación do plan de acción a cada un dos centros, recepción e organización das subministracións, acondicionamento dos centros ante as normativas de distanciamento, desinfección e un largo etcétera de tarefas a desenvolver neses dous meses.

O día 2 de xullo, e novamente por fontes externas, as traballadoras foron informadas que os centros de día abrirían o vindeiro 15 de xullo, sen recibir instrucións ata o venres día 3, cando se lles pido que desenvolvan en 7 días o que tiñan planificado facer en 2 meses.

A unha semana da apertura dos centros de día públicos, a realidade é que no contan con:

  • material de desinfección e limpeza contra o coronavirus. Unha semana despois do peche dos servizos de centro de día, chegaban a algúns deles 2 botes de xel hidroalcohólico e 4 botellas de 5 litros de hipoclorito. Isto e os produtos que puidesen ter antes da pandemia, é o único que teñen, posiblemente ni tan sequera sexan os adecuados para a desinfección ante este novo virus.
  • equipos de protección individual: no se lles subministrou ningún tipo de EPI de cara o reinicio da actividade e atención as persoas maiores. O 29 de xuño, día no que lles ordenaron reincorporarse aos centros, non lles enviaron ningunha máscara e os traballadores e traballadoras tiveron que mercalas cos seus propios recursos.
  • persoal a disposición: dende o Consorcio a mediados de xuño indicóuselle ao persoal que tiñan que coller as vacacións durante os meses de xullo e agosto “meses nos que non terán actividade con persoas maiores” co fin de garantir a mínima rotación de persoal. Así poderíanse previr mellor os posibles contaxios por coronavirus cando abrisen en setembro. O que se pretende agora é “abrir” con persoal substituto, que obviamente non conta coa formación en protocolos de prevención contra coronavirus, punto esencial que a propia Consellería de Sanidade destaca como necesario no persoal para a reactivación dos centros de maiores. Ademais, os equipos teñen a varias persoas de baixa, persoal de risco que non poden traballar no servizo, etc. polo que hai centros sen traballadores a disposición. As direccións dos centros non están respondendo ás preguntas dos traballadores e traballadores que se senten desconcertados e desprotexidos ante esta situación.
  • non hai indicacións claras sobre os provedores de servizos de como ou cando comezar: caterin e alimentos para os menús, servizo de transporte, control de lexionela, servizos DDD (desinfección, desinsectación y desratización), mantementos caducados… Nestes intres non hai ningún subministro alimentario básico, a auga foi retirada a principios de abril para subministrar as residencias.

Este centos non deberían abrir tan pronto a pesares do anuncio claramente electoralista por parte da Xunta de Galicia, a menos que dende a Consellería estean dispostos a comprometer a saúde e integridade das persoas maiores, as súas familias e o persoal.

Call Now ButtonChámanos