A CNT recrudece o conflicto no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar

Este luns 1 de marzo a Sección sindical da CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar tomou a decisión de endurecer o conflicto do que forma parte a actual folga convocada o pasado 28 de xaneiro á que estaba chamado o persoal das escolas infantís da Galiña Azul, dos fogares resindenciais, centros de día, centros de acollemento e persoal de servizos de inclusión e contra a violencia de xénero e demáis persoal do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar.

As traballadoras valoraron “moi positivamente” en asemblea as dúas xornadas de folga realizadas en defensa da continuidade dos seus postos de traballo, a pesar dos servizos mínimos abusivos decretados que actualmente continuan denunciados en vía xudicial. Considerase un éxito, tanto do propio seguimento da convocatoria no parón do pasado xoves 25 e no día de folga de 24h do pasado 18 de febreiro, como das ducias de concentracións e protestas ás portas dos centros da rede do Consorcio espallados por toda Galiza, na propia sede do Consorcio en San Lázaro e nas redes sociais onde as folguistas visibilizaron a súa revindicación de estabilidade laboral.

Nembargante, a Sección Sindical da CNT no Consorcio considera “un auténtico escándalo” as “mentiras” do Xerente do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar quen en comparecencia en sede parlamentaria indicaba que estaba a dialogar co Comité de Folga, cando “non existe a día de hoxe ningunha negociación nin vontade algunha de negociar” para tentar solucionar este conflicto, e cando ademáis “Xunta e Consorcio están legalmente obrigados a negociar coas folguistas” indica a CNT.

Neste sentido, as traballadoras da CNT consideran que debe endurecerse o conflicto e as protestas para obrigar a Xerencia e Xunta a sentarse a negociar e tentar buscar unha solución para o futuro laboral do persoal temporal en fraude e abuso de contratación do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar.

Así, desde a CNT acordouse desconvocar a actual folga indefinida na modalidade de paróns de 3 horas todos os xoves, e realizar, nos próximos días, unha nova convocatoria de folga de día completo en semanas alternas. Acordouse tamén o  deseño dun amplo un calendario de mobilizacións e accións de protesta para visibilizar esto conflito froito da política laboral existente no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar.

Sección sindical da CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar 

Call Now ButtonChámanos