A CNT denuncia a Edades Compostela polo impago de cantidades

  • A traballadora non recibe a totalidade do correspondente á súa nómina
  • A pesar de percibir o 100% do salario das persoas usuarias do servizo, Edades Compostela non abona a totalidade ás súas empregadas
  • A CNT coñece de primeira mán as lamentables condicións nas que se atopan as traballadoras do sector

A CNT inicia un novo conflito fronte a unha empresa do sector do coidado de maiores. Edades Compostela deberá dar explicacións ante a xustiza do abono deficiente das nóminas dunha das súas traballadoras. A empresa, a pesar de recibir os ingresos íntegros das persoas usuarias do servizo, non ingresa toda a cantidade correspondente á traballadora. Durante os periodos traballados coa corporación, ésta acumulou unha débeda de máis de 5.000 € coa traballadora. Ademais das diferenzas salarais correspondentes ás mensualidades, a empresa de colocación tampouco abonou a liquidación no momento do despedimento. Por estes motivos, a CNT reclama o pagamento inmediato de todas as cantidades adebedadas e o cese deste tipo de actuación pola parte da empresa compostelana.

O sindicato recibe continuamente consultas e reclamacións deste tipo sen que ningún organismo público poña freno ás lamentables condicións laborais nas que se atopan as traballadoras do sector dos coidados. Un dos sectores mais feminizados onde se continúan recortando os dereitos laborais e salariais impunemente. A CNT segue loitando pola mellora das condicións laborais das mulleres traballadoras para acabar coa fenda laboral.

Nunha semana que comeza co 8 de marzo e vendo como todos os partidos políticos discuten a súa hexemonía dentro do movimiento e os dereitos das traballadoras, dende a CNT estamos a comprobar como os restantes 364 días do ano e falando das condicións laborias das traballadoras, as corporacións municipais esquecen totalmente estes asuntos. Por estes motivos, as compañeiras e compañeiros do sindicato sairán a defender os dereitos laborais desta traballadora e de todas aquelas que o precisen polas rúas de Compostela e as cidades que fagan falta todos os días do ano.

Call Now ButtonChámanos