Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro.

Seguir lendo Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta

A CNT demandará a Arenal Perfumerías pola falta do plan de igualdade e a falta de información sobre o plan de prevención de riscos laborais aos traballadores e traballadoras.

– A empresa non conta coa obrigada planificación en canto á igualdade e seguridade laboral ou, cando menos, facilitanos esta información ao persoal.
– Trátase dun incumprimento moi grave que penaliza de maneira importante ao persoal.

Ante a falta de información relativa aos plans de igualdade e PRL, desde a Sección Sindical da CNT en Arenal Ribadeo, vanse interpoñer demandas no xulgado do social contra Arenal Perfumerías.

Seguir lendo A CNT demandará a Arenal Perfumerías pola falta do plan de igualdade e a falta de información sobre o plan de prevención de riscos laborais aos traballadores e traballadoras.
Call Now ButtonChámanos