Novo esperpento ilegal no Sergas

– Escandalosa enquisa para o perfilado do plantel da sanidade galega
– O sindicalismo cómplice promove a medida ilegal do Sergas

Un novo escándalo do Sergas na relación coas súas traballadoras e traballadores,  desta volta coa chantaxe da enquisa de compromiso co servizo.


Coa escusa de analizar a calidade do servizo, o Sergas envía unha enquisa para que cada traballadora/o valore a tres dos seus propios compañeiros/as, como condicionante para obter o acceso á carreira profesional. A enquisa contén preguntas relativas ao control das emocións, a capacidade de comunicación, a adaptación e flexibilidade frente aos cambios organizativos, a compartición de información,  a asunción de resultados… Preguntas que non fan máis que tentar configurar un perfil de cada membro do plantel.


Nin que dicir ten que se trata dunha enquisa de todo ilegal que ven acompañada da chantaxe e a ameaza para quen non a cubra de perder un punto en relación á carreira profesional.
Para e CNT trátase dun novo “esperpento” do Sergas co agravante de ser pactada, apoiada e promovida polo “sindicalismo cómplice de sempre”.  Desde a CNT animamos aos traballadores e traballadoras do Sergas a “non venderse por un mísero punto” e a “animarse a denunciar outro abuso máis do Sergas e os seus secuaces.

Call Now ButtonChámanos